Axenda electoral para hoxe na provincia

Presentamos a axenda política dos partidos durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións municipais do 28 de maio
14 Feb 2024

A axenda electoral para hoxe, 14 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Ribadeo

11.00. A candidata ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, a Deputada autonómica Patricia Otero, a voceira do PSdeG en Ribadeo, Marta Rey, e compañeiros e compañeiras da agrupación local participarán no reparto de información electoral do Partido Socialista. Centro da vila.

Lugo

11.00. Punto de información electoral do PSdeG. Parque de Augas Férreas.

18.00. Punto de información electoral do PSdeG. Fondo da Praza Maior.

20.00. A candidata ás eleccións autonómicas pola provincia Lara Méndez participará nun debate electoral organizado pola Asociación da Prensa de Lugo e o Colexio de Xornalistas, ao que asistirán os deputados provinciais Pablo Rivera Capón e Miguel Fernández. Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

Castro de Rei

12.30. A candidata ás eleccións autonómicas pola provincia, Lara Méndez, a voceira do PSdeG en Castro de Rei, Alba Sinde, o deputado provincial Pablo Rivera, e compañeiros e compañeiras da agrupación local participarán no reparto de información electoral do Partido Socialista. Sede local do PSdeG.

Alfoz

20.00. As candidatas ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez e Catalina Fernández, e o Tenente de Alcaldesa, Jorge Val, participarán nun mitin. Casa da Cultura.

 

PP

Lugo

10.00 As candidatas Elena Candia e Cristina Sanz continúan a facer chegar o programa da Galicia de Rueda aos lucenses a pé de rúa. A partir das 09.00 horas no polígono do Ceao.

17.00. A cabeza de lista do PP lucense ás autonómicas, Elena Candia, intervirá xunto a Fabiola García e Julio García Comesaña nun acto sectorial sobre servizos sociais. Sede do PP da provincia. Tamén asistirán Javier Arias e Cristina Sanz.

Friol

13.00.O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, realiza unha visita a unha explotación gandeira de vacún de leite acompañado polo candidato pola provincia de Ourense José González e o alcalde José Ángel Santos. Explotación SAT Os Carrís

Outeiro de Rei

18.00. José González participará nunha reunión con gandeiros xunto ao secretario xeral da provincia de Lugo, Javier Vázquez Nodal. Casa da Fortaleza.

Guntín

21.00. A cabeza de lista do PP pola provincia, Elena Candia, e o responsable de Medio Rural no Goberno galego e candidato pola provincia de Ourense, José González, intervirán nun mitin xunto á alcaldesa, María José Gómez. Casa da Cultura.

 

BNG

Barreiros

12.00 Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo e Daniel Castro número 2 da candidatura, xunto con cargos orgánicos e institucionais do bng manterán unha xuntanza con representantes do sector forestal en Barreiros. Centro Social de Barreiros.

Lugo

16.30 Olalla Rodil reunirase con delegados da CIG. Local do BNG en Lugo.

17.00 Reparto informativo do BNG en Lugo. Praza Horta do Seminario.

20.00. Olalla Rodil participará no debate organizado pola Asociación da Prensa de Lugo

0.08975887298584