Axenda electoral para hoxe na provincia

Presentamos a axenda política dos partidos durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións municipais do 28 de maio
14 Feb 2024

A axenda electoral para hoxe, 15 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Viveiro
9.30.
As candidatas socialistas pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez e Catalina Fernández, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participarán no reparto de información electoral do PSdeG. Mercado.

Cervo
11.00. A candidata socialista pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez e a voceira do PSdeG no Concello de Cervo, Luján Ramos, participarán no reparto de información electoral do partido socialista. Mercado de San Cibrao.

As Nogais
12.30. A candidata socialista pola provincia ao Parlamento de Galicia Teresa Fernández e o Deputado provincial Pablo Rivera manterán un encontro cos concelleiros e a militancia socialista no municipio. Xunto ao Concello.

Paradela
13.00. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, os candidatos socialistas pola provincia Lara Méndez e Miguel Tomé, e o Deputado provincial Iván Castro manterán un encontro coa militancia de Paradela e do resto da comarca de Sarria. No Bar Ruxidoira.

Trabada
21.00. A candidata socialista pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez, o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, e o Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, participarán nun mitin. Casa da Cultura.

Lugo
11.00. Punto de información electoral do PSdeG. Xunto ao ascensor do Sagrado Corazón.

17.00. Punto de información electoral do PSdeG. Praza Roxa.

PP

Alfoz

15.00. O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, participa nunha comida-mitin xunto á secretaria xeral do PPdeG e candidata pola provincia da Coruña, Paula Prado, a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e o portavoz do PP local, Juan José Fraga. Finca Galea.

Baralla

20.00. O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, participa nun mitin xunto á secretaria xeral do PPdeG e candidata pola provincia da Coruña, Paula Prado, a candidata pola provincia de Lugo Encarna Amigo e o alcalde Miguel González. Centro Sociocultural e Xuvenil.

Monforte de Lemos

22.00. O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, participa nun mitin xunto á secretaria xeral do PPdeG e candidata pola provincia da Coruña, Paula Prado, a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e a tamén candidata provincial Katy Varela. Restaurante Don Manuel Bistró.

Lugo

10.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Praza de Augas Férreas.

10.30. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular participarán nun reparto de información electoral. Carpa situada na Praza Maior.

12.00. Membros de NNXX da cidade de Lugo repartirán información electoral no Campus de Lugo.

12.30. A cabeza de lista do PP ao Parlamento galego pola provincia, Elena Candia, e a candidata Cristina Sanz manterán unha reunión con representantes do sector da madeira. Sede de LugoMadera na Avda. das Américas, 107.

16.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular polo polígono das Gándaras.

Cervo

11.00. O candidato José Manuel Balseiro e outros membros da candidatura repartirán información electoral no mercado de San Ciprián.

BNG

Lugo

17.00. Reparto informativo do BNG polo centro de Lugo. Porta de San Pedro.

18.00. Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo e Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde na cidade de Lugo participarán nun encontro aberto do BNG sobre o barrio da Tinería. Recanto do Miño.

Sarria

21.00. Acto público aberto do BNG en Sarria coas intervencións de Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Montserrat Valcárcel, número 3 da candidatura e Efrén Castro, vicepresidente da Deputación e portavoz do BNG en Sarria. Casa da Cultura de Sarria,.

0.14058303833008