Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 16 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Burela
11.00. A candidata socialista pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez, xunto á alcaldesa de Burela, Carmela López, a Deputada autonómica Patricia Otero, e compañeiros e compañeiras da agrupación local, participarán no reparto de información electoral do Partido Socialista. Centro da vila
Lugo
11.00. Punto de información electoral do PSdeG. Xunto ao ascensor do Sagrado Corazón.
12.15. O candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mantén un encontro con representantes da asociación Galicia Baleira. Cabanas das Chousas Glamping. O Veral, Lugo
18.00. Punto de información electoral do PSdeG. Esquina San Roque con Ronda Muralla.
PP
Lugo
10.00 Integrantes da candidatura ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular repartirán información electoral na Praza de Augas Férreas, na avenida da Coruña e nunha carpa situada na rúa Quiroga Ballesteros.
Burela
11.00
O candidato José Manuel Balseiro e outros integrantes da candidatura ás autonómicas repartirá información electoral no mercado de Burela.
Lugo
12.00 A presidenta provincial e cabeza de lista ás autonómicas, Elena Candia, integrantes da candidatura e outros representantes do Partido Popular da provincia participarán na concentración en sinal de repulsa polo asasinato de dous gardas civís en Barbate. Diante da Subdelegación do Goberno.
12.00 Membros de NNXX da cidade de Lugo repartirán información electoral no Campus de Lugo.
13.00 A cabeza de lista do PP ao Parlamento galego pola provincia, Elena Candia, manterá unha reunión con representantes do sector dos ximnasios. Gimnasio Lugo.
14.00. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, realiza un paseo polo centro da cidade acompañado pola cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e os tamén candidatos Javier Arias e Cristina Sanz. Porta Miñá da Ronda da Muralla.
17.30 Integrantes da candidatura ás autonómicas realizarán unha visita á Praza de Augas Férreas con actividades infantís.
O Vicedo
19.00 Os candidatos Alfonso Villares e José Manuel Balseiro intervirán nun mitin xunto ao alcalde, Suso Novo. Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.
Monforte
20.00 A cabeza de lista do PP da provincia, Elena Candia, a candidata e presidenta da NNXX de Galicia, Nicole Grueira, a candidata e voceira do PP de Monforte, Katy Varela, e o deputado monfortino Francisco Conde intervirán no acto de peche de campaña mozo. Restaurante Garden.
San Ciprián (Cervo)
21.00 Os candidatos Alfonso Villares e José Manuel Balseiro intervirán nun mitin xunto á alcaldesa, Dolores García Caramés. Casa da Cultura de San Ciprián
BNG
Lugo
10.00. Encontro de Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG en Lugo, con cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca de Lugo.
11.30. Reparto informativo do BNG na rúa Quiroga Ballesteros. Contará coa presencia do tenente alcalde e portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e integrantes da candidatura do BNG ao parlamento galego.