Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 15 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Muras
20,30 h. Encontro da candidata polo PSdeG, Jennifer Gómez, xunto ao Voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e o Concelleiro socialista en Vilalba Eduardo Vidal, con veciños e veciñas.
Casa do Médico (Av. Unión Murense, 5,)
PARTIDO POPULAR
Ribadeo
9.00 horas. O vicepresidente do PP da provincia de Lugo e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde, e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, participarán nun foro empresarial en Ribadeo xunto ao candidato do PP á alcaldía, Dani Vega. No Café El Portolés.
Burela
11.00 horas. A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; acompañará ao candidato do PP á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, nunha visita a Eu Son. Posteriormente, ás visitarán a AFAN Burela.
Muras
11.30 horas. O vicepresidente do PP da provincia e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde, e o deputado autonómico e coordinador do PP lucense, José Manuel Balseiro, acompañarán á candidata popular á alcaldía de Muras, Eugenia Requeijo, nunha visita ás instalacións de Ferroplast e Tepsa.
A Pastoriza
14.30 horas. A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; e o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, participarán xunto ao candidato do PP á alcaldía da Pastoriza, Darío Cabaneiro, nun encontro con traballadoras do SAF. Na Casa da Música.
Pol
18.00 horas. O responsable autonómico de Medio Rural, José González, e o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, participarán xunto á candidata do PP á alcaldía de Pol, Nicole Grueira, nunha visita a unha explotación gandeira. En Torneiros.
Viveiro
18.00 horas. A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, participarán nunha visita a Viveiro xunto á candidata do PP á alcaldía, Mariña Gueimunde. Na terraza do Hotel Urban.
Xove
19.00 horas.. A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, participarán nun encontro con representantes de Aspanane, xunto ao candidato á alcaldía de Xove, Demetrio Salgueiro. Na praza do Concello de Xove.
Foz
20.30 horas. A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á Alcaldía de Foz, Javier Castiñeira. No local social O Torqués de Marzán (Foz).
Láncara
21.00 horas. O responsable autonómico de Medio Rural, José González; o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal; e o senador popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, participarán nun mitin xunto á candidata do PP á alcaldía de Láncara, Olga Capón. No polifuncional da Pobra de San Xiao.
PODEMOS-ESQUERDA UNIDA
Lugo
12.00 Presentación do programa electoral con Chus Rodríguez. Rúa da Raíña.
DEBATES
Lugo
19.30 Os candidatos á Alcaldía de Lugo. Organizado pola Asociación de Xornalistas. Casa do Saber.