Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 21 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Vilalba
12.30 h. Mitin da Alcaldesa e candidata socialista á Alcaldía, Elba Veleiro, no que tamén participará o exalcalde de Lugo, José López Orozco, o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e a concelleira socialista de Vilalba Marta Rouco. Praza das Mulleres.
O Valadouro
19.00 h. Mitin do Alcalde e candidato socialista á Alcaldía, Edmundo Maseda, no que tamén participarán o Senador socialista, César Mogo e a Deputada Autonómica polo PSdeG, Patricia Otero. Casa da Cultura.
O Vicedo
19.00 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, María Pérez Santaballa, no que tamén participaran membros da candidatura e veciños e veciñas da localidade. Casa da Cultura.
Lourenzá
20.00 h. Mitin da Alcaldesa e candidata socialista á Alcaldía, Rocío López, no que tamén participarán o Deputado provincial Pablo Rivera e o Secretario Xeral da Agrupación Local, Manuel Arango. Salón de Actos da Casa do Concello.
Guitiriz
20.30 h. Mitin da Alcaldesa e candidata socialista á Alcaldía, Marisol Morandeira, no que tamén participarán o Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada no Congreso dos Deputados por Lugo, Ana Prieto. Casa Habanera.
Ribadeo
20.30 h. Mitin da candidata socialista á Alcaldía, Marta García Rey, no que tamén participará a Deputada provincial e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez. Casa do Mar
PARTIDO POPULAR
Sarria
12.30 A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, visitará a zona ARI xunto á candidata do PP á alcaldía, Carmen José López. Punto de encontro: diante a Casa do Concello
Ribas de Sil
18.30 O responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña, realizará unha visita a San Clodio xunto ao candidato do PP á alcaldía, Jose Rodríguez, e outros membros da candidatura. Punto de encontro: diante o bar A Cabina
Chantada
20.00 O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, participan nun mitin xunto ao alcalde e candidato á reelección, Manuel Lorenzo. Hotel Mogay
Monterroso
21.15 Posteriormente, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, realizan un percorrido polo centro da vila de Monterroso xunto ao candidato á alcaldía, Eloy Pérez, e o seu equipo. Casa do Concello
BNG
Pedrafita
11.30 Olalla Ródil Deputada no Parlamento Galego, Adrián Rebollal candidato á Alcaldía de Pederafita e integrantes da candidatura e militancia do BNG asisten á Feira.
Castroverde
11.30 Maite Ferreiro vicepresidenta da Deputacíon, Iria Castro candidata á alcaldia de Castroverde e integrantes da candidatura e militancia do BNG asisten á Feira
Lugo
12.00 Encontro do candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo coa veciñanza de Orbazai. Casa da Escola de Orbazai
Cervo
12.30 Acto Público do BNG con Zulema Murado, candidata nº 2; Daniel Castro, deputado no Parlamento; Diego Fernández Martínez, candidato á alcaldía de Cervo.
Taboada
17.00 Acto Público aberto en Taboada. Jose Portela Gómez-Macías candidato á alcaldía e integrantes da candidatura. Praza de Riazón
Monterroso
20.00 Acto Público aberto en Monterroso. Olalla Ródil, Deputada no Parlamento Galego Brais Vázquez candiddato á Alcaldía de Monterroso e integrantes da candidatura. Centro Sociocultural
Lugo
20.00 Encontro do candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo coa veciñanza de Nadela. CEIP Nadela
PODEMOS
Lugo
12:30: Participación da nosa candidata Chus Rodríguez e outros membros da candidatura, na manifestación "O Pobo Galego Unido Contra a Depredación Enerxética", manifestación contra invasión dos eólicos na nosa contorna, e manifesto ao que a organización EU xa está adherida. Saída desde a Mosquera.
17:30h. Visita ao barrio da Ponte pola candidata e outras integrantes da Coalición, onde explicará á veciñanza algunhas das súas propostas, como a creación de ramplas mecánicas para conectar o Parque Rosalía de Castro coa contorna da Ponte Romana.
CIUDADANOS
Lugo
10.00 Ruta con simpatizantes por la Via Künig a su paso por el Río Rato