Baixada no ritmo de contaxios na provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid19
27 Dec 2021

A presenza da covid segue a subir na provincia de Lugo aínda que xa máis lenta que nestes últimos días, baixaron os novos casos e mantense a hospitalización.

Hoxe hai 2.105 casos activos, 128 máis que onte, e destaca a baixada no ritmo de contaxio de 116 casos novos (182 en total) e 54 altas. Onte houbo 128 máis, con 24 novos contaxios (298 en total) e 60 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 23.344 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria mantense en 6 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 17 pacientes, 11 no de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte.

POR COMARCAS

O crecemento da covid freou na xornada de hoxe pois tan so hai arredor da metade dos casos novos. Destaca a pequena freada na comarca da Mariña e o crecemento aínda que menor en Vilalba, As Pontes e Lugo.

A Mariña

  • Burela: 43 positivos.
  • Foz: 25 positivos. (4 menos)
  • Lourenzá: 15 positivos. (1 menos)
  • Mondoñedo: 19 positivos. (2 menos)
  • Ribadeo: 50 positivos.
  • Viveiro: 52 positivos. (8 máis)
  • Cervo: 20 positivos.
  • Xove: 14 positivos.
  • Por debaixo de 10: Barreiros, O Vicedo, Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • As Pontes: 57 positivos. (10 máis)
  • Castro de Rei: 15 positivos. (3 máis)
  • Guitiriz: 30 positivos. (3 máis)
  • Outeiro de Rei: 29 positivos. (3 máis)
  • Vilalba: 124 positivos. (23 máis)
  • Cospeito: 20 positivos. (1 máis)
  • Friol: 12 positivos. (1 máis)
  • Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Muras, Meira, A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol e Begonte.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 47 positivos. (5 máis)
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos, O Páramo, O Incio e Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • Guntín: 17 positivos. (2 máis)
  • Lugo: 830 positivos. (53 máis)
  • Monterroso: 19 positivos.
  • O Corgo: 25 positivos. (2 máis)
  • Palas de Rei: 17 positivos. (2 menos)
  • Castroverde 27 positivos. (1 máis)
  • A Fonsagrada: 12 positivos. (1 máis)
  • Por debaixo dos 10 casos: Baralla, Baleira, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais, Cervantes e Pedrafita. Únese Navia de Suarna.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 65 positivos. (1 menos)
  • Monforte: 180 positivos. (9 máis)
  • O Saviñao: 22 positivos. (4 menos)
  • Pantón: 21 positivos.
  • Quiroga: 29 positivos. (3 máis)
  • Taboada: 19 positivos.
  • Sober: 15 positivos.
  • Carballedo: 11 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Volve ser obrigado o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13435411453247