Besteiro defende na clausura do congreso dos socialistas que “a única esquerda que pode gobernar Galicia xa está en marcha”

Fixo un chamamento á mobilización, deixando claro que non hai atallos nin terceiras vías
Besteiro-e-Pedro-Sanchez-XV-Congreso-PSdeG-090325-02-1200x675
10 Mar 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, proclamou onte na clausura do 15º Congreso Nacional do Partido Socialista de Galicia que o PSdeG é a única esquerda con capacidade de gobernar Galicia: “Somos a alternativa real ao conformismo do PP e á Galicia da resignación que impón Rueda. Somos a esquerda que pode, a única esquerda que pode”, afirmou ante un auditorio cheo de militantes e simpatizantes.

“Estamos preparados e preparadas para gobernar porque somos capaces de liderar o cambio en Galicia. Hoxe comeza ese camiño. Non é unha frase feita, é unha firme convicción.  Sei que podemos ser a alternativa política en Galicia para cambiar este país. Somos a esquerda que pode, a ÚNICA esquerda que pode:

  • A única, porque lideramos a transición ecolóxica, sen demagoxias.
  • A única, porque damos a cara, orgullosos do que defendemos, sen caretas, sen Entroido.
  • E a única, porque querer á túa lingua é compartila, sen apropiacións indebidas.

Por estas e moitas máis razóns, este partido ten unha folla de ruta propia e é a ÚNICA esquerda que pode. Estou convencido!”

Acompañado polo presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, Besteiro reivindicou o papel clave do socialismo para transformar Galicia, denunciando a parálise de 16 anos de gobernos do PP e poñendo en valor as políticas progresistas que xa están a mellorar a vida dos galegos grazas ao Goberno de España. “Dicían que era imposible manter un goberno de progreso en España e fixémolo. Fixéchelo, Pedro!”, exclamou Besteiro, arrincando un sonoro aplauso.

O líder dos socialistas galegos fixo un chamamento á mobilización da esquerda, deixando claro que non hai atallos nin terceiras vías: o único cambio posible en Galicia pasa polo PSdeG. “Aquí hai tres opcións: unha dereita que só goberna para os seus, un nacionalismo que se pecha en si mesmo e un proxecto socialista que sempre puxo Galicia no centro. Nós somos a esquerda de todos e todas, a esquerda galega, a esquerda que pode e que vai gobernar”, asegurou.

Un modelo de futuro fronte á decadencia do PP

Besteiro denunciou na súa intervención que a sanidade galega está ao límite e que máis de 200.000 galegos seguen agardando por unha cita cun especialista. “Cada día de goberno do PP en Galicia é un día máis de deterioro da sanidade pública e de negocio para a privada”, advertiu. Reiterou o compromiso do PSdeG de reforzar a Atención primaria e reducir as listas de espera, garantindo un sistema sanitario público forte e accesible.

Tamén puxo o foco na necesidade dunha política de vivenda que dea respostas reais á mocidade. “Cada día hai tres novos solicitantes engrosando unha lista de espera interminable para acceder a unha vivenda. Por iso, o PSdeG creará un Banco Público de Alugueiro, para garantir prezos accesibles e que ningún mozo ou moza teña que marchar de Galicia por non poder pagar unha casa”, anunciou.

Besteiro advertiu que a dereita galega instalou o país nunha espiral de decadencia, mentres o Goberno de España impulsado polo PSOE ofrece solucións reais. “Rueda négase a aceptar a condonación de 4.000 millóns de euros da débeda autonómica só porque é unha medida socialista. A alguén lle entra na cabeza que te chamen para dicirche que non pagues un terzo da débeda e ti digas que non? Este é o ‘sentidiño’ do PP”, ironizou.

Na súa intervención, denunciou así mesmo a manipulación dos medios públicos en Galicia ao servizo do PP e asegurou que o PSdeG traballará para recuperar a pluralidade informativa. “Os galegos e galegas vivimos en liberdade vixiada. A Radio e Televisión Pública de Galicia converteuse nunha factoría de bulos e manipulacións co único obxectivo de perpetuar a dereita no poder. Iso ten que rematar”, afirmou.

Sobre o modelo económico, Besteiro apostou pola reindustrialización e a transición ecolóxica, pero sen permitir “trampas nin especulación”. Referiuse directamente ao proxecto de Altri en Palas de Rei, deixando claro que “ningún modelo industrial será imposto en Galicia sen transparencia, respecto ao medio ambiente e garantías para a cidadanía”.

Ademais, subliñou que a convivencia territorial é clave para o futuro do país. “Defendemos unha Galicia ben conectada cara ao exterior e no seu interior. Non queremos unha Galicia de dúas velocidades”, afirmou.

Tamén destacou a importancia da convivencia social: “Falamos dos servizos públicos, da sanidade, da educación, da dependencia, da vivenda. Falamos da convivencia social. Nós non imos permitir que a mocidade sexa a ‘xeración sen casa’. Defendemos un Banco Público de Alugueiro para garantir o acceso á vivenda”.

Finalmente, fixo unha defensa apaixonada da democracia e da unidade europea fronte aos perigos do ascenso da extrema dereita e do nacionalismo excluínte. “O PP foi o cabalo de Troia co que a extrema dereita chegou ás institucións. En Galicia non, porque aquí a extrema dereita xa está acomodada no PP”, advertiu.

O secretario xeral do PSdeG concluíu o seu discurso asegurando que “este Congreso marca o inicio dun camiño sen volta atrás. Galicia necesita un cambio e nós lideraremos ese cambio. Sen unha soa pinga de dúbida. Ímolo facer!”.

A nova directiva

  • Carmela Silva Rego – Presidencia
  • José R. Gómez Besteiro – Secretaría Xeral
  • Lara Méndez López – Secretaría de Organización
  • Marta Álvarez-Santullano – Secretaría de Relaciones Institucionales
  • Silvia Fraga Santos – Secretaría de Igualdade
  • Juan M. Rodríguez García – Secretaría de Política Municipal
  • Luis Ángel Lago Lage – Secretaría de Administración, Acción Electoral e Réxime Interior
  • Abel F. Losada Álvarez – Secretaría de Economía e Facenda
  • Noemí Díaz Vázquez – Secretaría de Ordenación Territorio e Rexeneración Urbana
  • Natalia González Beneítez – Secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia
  • Fabián Canosa Pasantes – Secretaría de Educación e Formación Profesional
  • Aitor Bouza Manso – Secretaría de Acción Territorial e Formación
  • Nereida María Canosa – Secretaría de Promoción Económica e Emprego
  • Rubén Prol Mariño – Secretaría de Medio Ambiente e Emerxencia Climática
  • Julio Torrado Quintela – Secretaría de Sanidade e Voceiro
  • Patricia Otero Rodríguez – Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable
  • Julio Abalde Alonso – Secretaría de Universidades e Ciencia
  • Uxía Oviedo de Dios – Secretaría de Movimentos Sociais
  • Roberto Fernández Rico – Secretaría de Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural
  • Iván Puentes Rivera – Secretaría de Memoria Democrática e Laicidade

Outras Secretarías

  • Silvia Longueira Castro – Secretaría de Cultura e Lingua
  • Ángel Rivas González – Secretaría de Estudos e Programas
  • Jorge Bustos Atanasio – Secretaría de Deportes e Políticas Saudables
  • Teresa Fernández Pérez – Secretaría de Políticas Forestais e Montes
  • Lorena Tenreiro Blanco – Secretaría de Rexeneración Democrática e Transparencia
  • Ángel Mato Escalona – Secretaría de Transición Enerxética e Planificación Industrial
  • Aitor Rodríguez Casanova – Secretaría LGTBI
  • José Ramón Romero García – Secretaría do Mar e Recursos Mariños
  • Francisco Cardama Santiago – Secretaría Innovación, IA e Transformación Dixital
  • Iria Sobrino Fagilde – Secretaría de Dereito a Vivenda
  • Bárbara Domínguez González – Secretaría de Análise e Prospectiva
  • Nicolás González Casares – Secretaría de Política Europea
  • Digna Rivas Gómez – Secretaría de Políticas de Seguridade e Emerxencias
  • J. Ignacio Gómez Pérez – Secretaría de Turismo
  • Patricia Domínguez Barja – Secretaría de Emprendemento
  • María Fernández Ojea – Secretaría de Función Pública e Xustiza
  • Ramón Alonso López – Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico
  • Gloria Prada Rodríguez – Secretaría de Comercio e Consumo
  • Eladio Santos Martínez – Secretaría de Galicia Exterior

Secretarías Executivas

  • Marta Rouco Seoane
  • Ana Alvite García
  • Estefanía Taín Surribas
  • Celso Fernández López
⚙ Configurar cookies
0.10187411308289