Brusco descenso de casos activos na provincia

A provincia continúa co descenso de casos neste inicio o mes de abril. Onte rexistrou 139 casos, 23 casos menos, cando o día anterior foron 7. Prodúcese así un brusco descenso condicionado polos poucos casos novos e polas altas.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 5 casos novos (onte foron 14). Ademais, as altas chegaron ás 11.718, 26 en 24 horas, o día anterior foron 21.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.073 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.
A presión hospitalaria redúcese en tres casos. Continúan 2 persoas na UCI do Hula mentres en planta son 8 os enfermos (3 menos), 5 no hospital de Lugo e 2 en Monforte e 1 en Burela.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Dende mañá quedarán só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
- Media. Para incidencia de 150 a 250.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
- Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove.
- Na última semana tampouco tivo Riotorto.
Terra Chá
- Rábade continúa en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos.
- Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Cospeito, Friol, Guitiriz e Xermade, así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos.
- Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Castro de Rei e Xermade.
- Outeiro de Rei e Begonte están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
- Lugo chega a 35 casos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, Monforte e Castroverde.
- Sen casos os últimos 7 está e Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Paradela e Samos sen casos novos na última semana.
- Láncara e Sarria, tamén con casos, teñen unha incidencia baixa.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte xa está por debaixo dos dez casos.
- O Saviñao, en alerta alta, reduce a súa incidencia, e segue por debaixo dos 10 casos.
- A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue cunha incidencia moi elevada e 10 casos.
- Con incidencia baixa están tamén Bóveda, Chantada, Quiroga e Sober.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
- Sen casos nos últimos sete días está Pantón.