Caballero inicia a vía xurídica para defender a sede do Mundial en Vigo

O Concello contrata un equipo legal experto en dereito deportivo para analizar as alternativas legais tras a exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030.
Abel Caballero Vigo
14 Apr 2025

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá o inicio da “vía xurídica” para reclamar a restitución de Balaídos como unha das sedes da Copa do Mundo de fútbol 2030. “É un paso moi importante para defender os dereitos da cidade”, sinalou o rexedor, que explicou que se trata do arranque do proceso de defensa legal de Vigo tras ser excluída da candidatura oficial.

Para iso, o Concello vén de contratar o asesoramento dun equipo legal multidisciplinar especializado en dereito deportivo, co obxectivo de valorar de forma solvente as alternativas legais e os posibles recursos. O equipo está liderado polo bufete Montero Aramburu & Gómez-Villares Atencia, e conta coa participación do catedrático Eduardo Gamero Casado, unha figura de recoñecido prestixio que, segundo destacou Caballero, achegará “rigor, experiencia e solvencia xurídica” a este proceso.

“Queremos coñecer as opcións legais que temos para ir aos tribunais e reclamar os dereitos de Vigo”, engadiu o alcalde. Esta decisión chega despois de que Vigo quedase fóra da lista definitiva de sedes españolas para o Mundial de 2030, malia o investimento público en Balaídos e a súa relevancia no fútbol nacional.

⚙ Configurar cookies
0.1089448928833