Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa co seu pequeno repunte de casos activos antes da fin de semana porque as altas seguen a ser escasas mentres a hospitalización descende de novo.
Así, hoxe hai 951 casos, 28 máis que onte, con 73 novos contaxios nas últimas 24 horas e 42 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.063 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.
A presión hospitalaria cae aínda que sobe na UCI, con 3 pacientes (1 máis). En planta son 25 enfermos (5 menos), 17 están no de Lugo (5 menos), 2 na Mariña e 6 en Monforte.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Volve caer o número de concellos limpos de covid dende o 9 de onte a os 6 de hoxe. Ademais, 11 teñen por riba dos dez casos de covid (1 máis).
A Mariña
- Foz: 11 (1 menos).
- Ribadeo: 11 (1 máis).
- Viveiro: 16 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto e Xove.
- Unha semana sen casos: O Vicedo e Trabada.
Terra Chá
- As Pontes: 14.
- Guitiriz: 15.
- Outeiro de Rei: 14 (1 menos).
- Vilalba: 20 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Sarria: 16 (2 máis).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo: 195 (12 menos).
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Monforte: 40 (3 menos).
- O Saviñao: 12.
- Taboada: 10.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Sober.
- Unha semana sen casos: Ribas de Sil.