Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid reduce xa por debaixo dos 300 casos e cae a hospitalización malia ter poucas altas. Así, hoxe hai 296 casos activos, 26 menos que onte, cun rexistro de 7 novos positivos e 34 altas. Onte houbo un descenso de 21 casos activos, con 4 novos enfermos e 24 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.868 casos rexistrados e 247 persoas falecidas, 30 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mellora de novo. Hai 12 persoas ingresadas en tres hospitais (3 menos). A UCI do Hula segue con 2 pacientes en total, e nas diferentes plantas son 10 os enfermos; 3 están no de Lugo (1 menos), 1 na Mariña e 6 en Monforte (2 menos).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Ningún.
- En alerta alta: Ningún.
- No nivel medio: Monforte.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
O próximo sábado Monforte sairá da zona de alerta e entrará Foz xunto co concello ourensán do Barco de Valdeorras, ambos os dous en zona media.
POR COMARCAS
O gromo de Foz segue sumando positivos aínda que de forma lenta pero no resto mellora a situación. Destaca especialmente Terra Chá, que non ten casos en ningún dos concellos dende hai polo menos unha semana. Na Mariña, o resto de concellos seguen condicionados polo gromo. En total o virus segue restrinxido a 22 concellos.
A Mariña
- A Pontenova leva quince días sen contaxios.
- Alfoz, por debaixo de 10.
- Barreiros, por debaixo de 10.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo, por debaixo de 10.
- Foz sobe ata 55 (4 máis).
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro volve ter algún caso tras quince días limpo.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos durante quince días.
- Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
- Riotorto, sen casos en quince días.
- Trabada sen casos en quince días.
- Viveiro, por debaixo de 10.
- Xove, por debaixo de 10.
Terra Chá
- A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
- Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
- As Pontes, quince días sen casos novos.
- Begonte, quince días sen contaxios.
- Castro de Rei xa leva unha semana limpo.
- Cospeito cumpre unha semana sen casos.
- Friol leva quince días sen contaxios.
- Guitiriz, sen casos en quince días.
- Meira sen casos tamén en quince días.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
- Pol leva tamén unha semana sen casos.
- Rábade, unha semana sen contaxios.
- Vilalba, xa son quince días sen casos.
- Xermade, leva quince días sen contaxios.
Comarca de Sarria
- Láncara, quince días sen contaxios.
- O Incio por debaixo de 10 casos.
- O Páramo está por debaixo de 10.
- Paradela suma quince días sen casos.
- Samos xa leva quince días sen contaxios.
- Sarria baixa a 13 (1 menos).
- Triacastela, por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla xa leva unha semana limpo.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla xa son quince días sen casos.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá xa leva sen contaxios unha semana.
- Castroverde tamén suma unha semana limpo de covid.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, son xa quince días sen contaxios.
- Lugo baixa ata 28, 8 menos.
- Monterroso, por debaixo de 10.
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo leva quince días sen casos.
- Palas de Rei xa leva unha semana sen contaxios.
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, unha semana limpo xa.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón suma unha semana sen casos.
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo xa leva unha semana limpo.
- Chantada tamén está sen casos na última semana.
- Folgoso do Courel unha semana sen contaxios tamén.
- Monforte caen os contaxios a 67 (8 menos).
- O Saviñao suma unha semana limpo.
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga xa está por debaixo de 10.
- Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
- Sober, por debaixo de 10.
- Taboada tamén sen casos na última semana.
AS RESTRICIÓNS
O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.
As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.
Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.
Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.
A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.
Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.
NOVAS AMPLIACIÓNS
Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.
Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.