Cae a hospitalización pero os casos activos repuntan pola falta de altas

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
25 Feb 2022

A covid volve ter un repunte de casos activos debido á caída das altas pero os casos novos continúan por debaixo dos 300 diarios mentres a hospitalización segue a mellorar.

Así, hoxe hai 2.774 casos activos, 72 máis que onte, con 242 novos contaxios e 166 altas. Onte os casos subiron en 30, con 215 novos contaxios e 181 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.542 casos rexistrados e 308 persoas falecidas (dúas máis que onte).

A presión hospitalaria redúcese quedando coas UCI baleiras. En planta son 43 os pacientes (3 menos), 29 no de Lugo (1 menos), 9 na Mariña (1 máis) e 5 en Monforte (3 menos).

POR COMARCAS

Catorce concellos están dende hoxe por debaixo dos 10 casos, a Negueira de Muñiz, Baleira, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, Sober, Muras, Trabada e Ribas de Sil, únense agora Ourol, Riotorto, Taboada e Cervantes. Portomarín, pola contra, volve subir de 10 mentres Pedrafita leva máis dunha semana limpo, o único.

A presenza xeral continúa á baixa, agás algúns gromos illados. As caídas de casos máis importantes seguen lideradas por Lugo, con 72 menos, seguido de Vilalba con 20, a veciña As Pontes con 12 e Ribadeo con 10. As subidas son todas por debaixo dos cinco casos.

A Mariña

  • Alfoz: 28 casos.
  • A Pontenova: 13.
  • Barreiros: 21.
  • Burela: 56 (9 menos).
  • Cervo: 15 (1 menos).
  • Foz: 72 (3 menos).
  • Lourenzá: 11.
  • Mondoñedo: 26.
  • O Valadouro: 32 (3 máis).
  • O Vicedo: 17.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 71 (10 menos).
  • Riotorto: Por debaixo de 10.
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 134 (4 menos).
  • Xove: 26 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 10 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 38 (4 máis).
  • As Pontes: 81 (12 menos).
  • Begonte: 21.
  • Castro de Rei: 81 (4 menos).
  • Cospeito: 29 (1 máis).
  • Friol: 25.
  • Guitiriz: 19.
  • Meira: 14 (5 menos).
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 30 (6 menos).
  • Pol: 16 (5 menos).
  • Rábade: 11.
  • Vilalba: 170 (20 menos)
  • Xermade: 15 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 22 enfermos.
  • O Incio: 11 (2 menos).
  • O Páramo: 19.
  • Paradela: 16.
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 141 (4 máis).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 59 positivos (4 menos).
  • As Nogais: 12 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 16 (4 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 35 (5 menos).
  • Becerreá: 29 (3 menos).
  • Castroverde 15 (1 menos).
  • Cervantes: Por debaixo de 10.
  • Guntín: 13.
  • Lugo: 1.341 (72 menos).
  • Monterroso: 17 (5 menos).
  • Navia de Suarna: 10 (2 menos).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 33 (5 menos).
  • Palas de Rei: 23 (2 menos).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: 11.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 17 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 19 (1 máis).
  • Chantada: 94 (6 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 192.
  • O Saviñao: 49 (1 máis).
  • Pantón: 15 (3 máis).
  • Quiroga: 13 (3 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: Por debaixo de 10.

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.15725898742676