Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
O crecemento da covid ralentízase e a hospitalización volve a crecer. Así, hai 1.462 casos activos, 25 máis que onte, cun rexistro de 89 novos positivos e 64 altas. Onte a subida foi de 15 casos, con 99 novos enfermos e 87 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.028 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria empeora. Hai 31 persoas ingresadas en tres hospitais (2 máis). Na UCI do Hula seguen 3 persoas e nas diferentes plantas son 28 os enfermos; 22 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña e 3 en Monforte.
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:
-
- En alerta máxima: Monforte.
- En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
- No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
A situación continúa estable na maior parte de concellos agás en Monforte, onde o gromo segue incontrolable.
A Mariña
- A Pontenova queda en 12.
- Alfoz está por debaixo de 10.
- Barreiros por debaixo de 10 casos.
- Burela reduce ata 12 (1 menos).
- Cervo, menos de 10 casos.
- Foz sobe ata 19 (3 máis).
- Lourenzá, sen casos nunha semana.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos na última semana.
- Ourol, sen casos na última semana.
- Ribadeo baixa 3 ata 23.
- Riotorto, sen casos na última semana.
- Trabada sen casos na última semana.
- Viveiro 23 casos, 4 menos.
- Xove, sen casos na última semana.
Terra Chá
- A Pastoriza sobe a 40 (1 máis).
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes está por debaixo de 10.
- Begonte reduce a 16 (4 menos).
- Castro de Rei suma 3 ata 52.
- Cospeito suma 1 máis e chega a 19.
- Friol suma 2 máis e xa son 12.
- Guitiriz, menos de 10.
- Meira volve a ter 10 casos.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei reduce a 21 casos (1 menos).
- Pol, por debaixo de 10.
- Rábade segue con 12.
- Vilalba sobe a 42, 1 máis.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo dos 10 casos.
- O Incio, con menos de 10.
- O Páramo, con menos de 10.
- Paradela, por debaixo de 10.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria reduce 3 ata 27.
- Triacastela, menos de 10 casos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
- Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla segue con 43.
- Baleira, sen casos novos na última semana.
- Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín con menos de 10 casos.
- Lugo reduce en 4 os casos activos, 365.
- Monterroso suma 2 máis ata 31.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei, sobe ata 24 con 2 casos máis.
- Pedrafita leva xa quince días sen casos.
- Portomarín, por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
- Bóveda, por debaixo de 10.
- Carballedo, sen casos novos nunha semana.
- Chantada segue con 40.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte segue disparado. Son 243, 13 máis.
- O Saviñao sobe ata 27 (3 máis).
- Pantón, con menos de 10 casos.
- Quiroga suma 10 casos.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Sober, menos de 10 casos.
- Taboada, por debaixo de 10.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.