Cae a hospitalización visiblemente por segundo día consecutivo

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hula lugo covid coronavirus5
10 Feb 2022

Continúa a caída da covid especialmente no apartado da hospitalización mentres os casos novos estáncanse agora arredor dos 400.

Así, hoxe hai 5.030 casos activos, 77 menos que onte, con 402 novos contaxios e 472 altas. Onte os casos baixaron en 258, con 358 novos contaxios e 611 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 47.823 casos rexistrados e 297 persoas falecidas (2 máis que onte).

A presión hospitalaria cae de novo. Na UCI do Hula vaixan a 7 os ingresados (2 menos), mentres en planta son 51 os pacientes (8 menos), 39 no de Lugo (4 menos), 6 na Mariña (2 menos) e 6 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Continúan as baixadas destacadas en algúns dos concellos. Monforte baixa 32, As Pontes 23, Viveiro caeu en 19 casos, Ribadeo 18, Vilalba 16, Xermade e Sarria 14 e A Pontenova, Burela e Foz 12. No resto a tendencia é á baixa, aínda que hai algúns que soben, aínda que lixeiramente. Destaca a subida en Pol, que suma 14 positivos máis.

Negueira de Muñiz segue só entre os concellos limpos, e con menos de dez están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras, Triacastela e Pedrafita. Súmase Ribas de Sil.

A Mariña

  • Alfoz: 29 casos.
  • A Pontenova: 48 (12 menos).
  • Barreiros: 40 (9 menos).
  • Burela: 155 (12 menos).
  • Cervo: 91 (6 menos).
  • Foz: 208 (12 menos).
  • Lourenzá: 36 (2 máis).
  • Mondoñedo: 65 (9 menos).
  • O Valadouro: 16 (2 menos).
  • O Vicedo: 32.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 141 (18 menos).
  • Riotorto: 23 (1 menos).
  • Trabada: 34 (2 máis).
  • Viveiro: 296 (19 menos).
  • Xove: 75 (2 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 46 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 60 (7 menos).
  • As Pontes: 254 (23 menos).
  • Begonte: 32 (1 máis).
  • Castro de Rei: 145 (3 máis).
  • Cospeito: 91 (10 menos).
  • Friol: 38 (1 máis).
  • Guitiriz: 56 (3 menos).
  • Meira: 62 (4 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 69 (5 menos).
  • Pol: 46 (14 máis).
  • Rábade: 26 (1 máis).
  • Vilalba: 344 (16 menos)
  • Xermade: 21 (14 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 56 enfermos (1 máis).
  • O Incio: 20 (3 menos).
  • O Páramo: 33 (1 máis).
  • Paradela: 22 (2 menos).
  • Samos: 14 (1 menos).
  • Sarria: 270 (14 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 16 (2 máis).
  • Antas de Ulla: 39.
  • Baleira: 17 (1 menos).
  • Baralla: 38 (1 menos).
  • Becerreá: 51 (4 menos).
  • Castroverde 38.
  • Cervantes: 16 (2 máis).
  • Guntín: 34 (9 menos).
  • Lugo: 2.349 (6 menos).
  • Monterroso: 87 (6 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 50 (3 máis).
  • Palas de Rei: 41 (4 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 18 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 34 enfermos.
  • Bóveda: 14 (1 menos).
  • Carballedo: 50 (6 menos).
  • Chantada: 296 (6 menos).
  • Folgoso do Courel: 18 (1 menos).
  • Monforte: 463 (32 menos).
  • O Saviñao: 86 (1 máis).
  • Pantón: 27 (6 menos).
  • Quiroga: 43 (4 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 23 (3 menos).
  • Taboada: 71 (5 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14131283760071