Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa en retroceso tanto en número de casos activos como na hospitalización.
Así, hoxe hai 1.038 casos, 54 menos que onte, con 118 novos contaxios nas últimas 24 horas e 172 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.350 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue a baixar lentamente. A UCI do Hula volve quedar baleira e en planta hai 37 enfermos (4 menos), 26 están no de Lugo (4 menos), 4 na Mariña (1 menos), 6 en Monforte (1 máis) e 1 no Polusa.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Lugo ten movementos destacados por segunda xornada consecutiva, con 15 casos máis mentres Burela baixa 10. O resto con poucos cambios.
Os concellos limpos e covid son 5, cando onte eran 6. En total son 14 os concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 2 máis que onte.
A Mariña
- Barreiros: 16 (3 máis).
- Burela: 24 (10 menos).
- Foz: 16 (1 máis).
- Ribadeo: 12.
- Viveiro: 16 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
- Unha semana sen casos: Ourol.
Terra Chá
- As Pontes: 21 (4 menos).
- Castro de Rei: 19.
- Outeiro de Rei: 15 (3 máis).
- Vilalba: 22 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- O Páramo: 10.
- Sarria: 20 (4 menos).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
- Unha semana sen casos: Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo: 263 (15 máis).
- O Corgo: 10.
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Ribeira Sacra
- Chantada: 13 (1 máis).
- Monforte: 43 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
- Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.