Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Despois de toda a Semana Santa sen a actualización de casos covid na provincia, Lugo rexistra unha caída dos mesmos ata os 1.877, 107 menos que o xoves, con 84 novos contaxios e 607 altas en catro días.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.003 casos rexistrados e 328 persoas falecidas.
A presión hospitalaria subiu de novo. A UCI do Hula segue cun paciente e en planta hai 63 enfermos (10 máis), 42 están no de Lugo (9 máis), 11 na Mariña (1 mais) e 9 en Monforte. Tamén hai un paciente novo no Polusa.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Toca retroceso a nivel xeral en todas as comarcas sendo o sur o que mellor están con poucos concellos por riba dos 10 casos.
Subiron de forma importante en Mondoñedo con 28 e en Palas con 12. Baixaron en Foz con 29 e Lugo con 14.
O número de concellos limpos de covid segue sendo 2 e son 36 os que teñen menos de dez casos (6 máis.
A Mariña
- A Pontenova: 19 (2 menos).
- Alfoz: 10 (7 menos).
- Barreiros: 23 (4 menos).
- Burela: 33 (5 menos).
- Cervo: 17 (4 menos).
- Foz: 44 (29 menos).
- Lourenzá: 10 (3 menos).
- Mondoñedo: 52 (28 máis).
- O Valadouro: 11.
- Ribadeo: 47 (9 menos).
- Riotorto: 14 (1 menos).
- Trabada: 12 (6 menos).
- Viveiro: 39 (4 máis).
- Xove: 10 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.
Terra Chá
- A Pastoriza: 14 (5 menos).
- As Pontes: 26 (3 menos).
- Castro de Rei: 12 (6 menos).
- Cospeito: 12 (1 máis).
- Guitiriz: 17 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 13.
- Vilalba: 39 (8 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Friol, Meira, Muras, Pol e Rábade.
- Unha semana sen casos: Xermade.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 11.
- Becerreá: 10 (3 menos).
- Castroverde: 11.
- Lugo: 321 (14 menos).
- Monterroso: 10 (6 menos).
- Palas de Rei: 30 (12 máis).
- Pedrafita: 16 (6 máis).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Sarria: 55 (7 máis).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Ribeira Sacra
- Monforte: 74 (6 menos).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
- Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.