Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Continuou a caída de casos activos e novos contaxios nunha xornada na que volve a recuperarse positivamente a hospitalización.
Así, este luns hai 2.438 casos activos, 150 menos que onte, con 148 novos contaxios e 300 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.057 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.
A presión hospitalaria baixa de novo. Agora son 2 os ingresados na UCI (1 menos) e en planta son 34 (2 menos), 21 están no de Lugo (1 máis), 9 na Mariña e 4 en Monforte (2 menos). Tamén foi dado de alta o do Polusa.
POR COMARCAS
Samos é o concello que máis sobe esta xornada, con 11 casos máis. Detacan pola contra as baixadas de Lugo (41), Ribadeo (11), Burela (10).
O número de concellos limpos de covid baixa a 5 (1 menos) e son 15 os que teñen menos de dez casos.
A Mariña
- Alfoz: 12 (3 menos).
- A Pontenova: 22 (1 menos).
- Barreiros: 36 (2 menos).
- Burela: 98 (10 menos).
- Cervo: 77 (5 menos).
- Foz: 100 (2 menos).
- Lourenzá: 20 (2 menos).
- Mondoñedo: 24 (3 máis).
- O Vicedo: 24 (5 menos).
- Ribadeo: 58 (11 menos).
- Viveiro: 272 (1 máis).
- Xove: 63 (2 menos).
- Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 21 (2 menos).
- A Pastoriza: 13 (1 menos).
- As Pontes: 181 (5 menos).
- Begonte: 27 (2 menos).
- Castro de Rei: 51 (1 menos).
- Cospeito: 50 (4 máis).
- Friol: 16 (9 menos).
- Guitiriz: 45 (2 menos).
- Meira: 14 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 58 (6 menos).
- Rábade: 11 (2 menos).
- Vilalba: 268 (2 máis).
- Xermade: 13 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Pol.
- Unha semana sen casos: Muras
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 11.
- Antas de Ulla: 14.
- Baralla: 10 (1 menos).
- Becerreá: 10.
- Castroverde: 29 (2 máis).
- Guntín: 18 (1 máis).
- Lugo: 1.082 (41 menos).
- Monterroso: 32 (1 máis).
- O Corgo: 20 (2 máis).
- Palas de Rei: 27 (1 menos).
- Portomarín: 15 (1 máis).
- Por debaixo de 10: Baleira, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Pedrafita.
- Quince días sen casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- Láncara: 25 (1 menos).
- Paradela: 12.
- Samos: 26 (11 máis).
- Sarria: 104.
- Por debaixo de 10: O Incio, O Páramo e Triacastela.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 12 (1 máis).
- Chantada: 55 (3 menos).
- Monforte: 102 (8 menos).
- O Saviñao: 12 (3 menos).
- Pantón: 22.
- Quiroga: 12.
- Sober: 11 (1 máis).
- Taboada: 10.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo e Folgoso do Courel.
- Unha semana sen casos: Ribas de Sil.