Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid experimentou un novo descenso de casos activos pero unha nova subida drástica da hospitalización. No primeiro caso descende o número de positivos, como todos os domingos e o elevado número de altas confirman esta baixada.
Así, hoxe hai 2.527 casos, 197 menos que o sábado, con 107 novos contaxios en 24 horas e 477 altas na fin de semana.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 64.156 casos rexistrados e 334 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue elevada nas UCIs aínda que baixa, xa que teñen 6 ingresados (1 menos), 5 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 83 enfermos (18 máis), 56 están no de Lugo (12 máis), 10 na Mariña (1 menos) e 17 en Monforte (7 máis).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Malia a caída de casos, os concellos notan poucos cambios drásticos, agás a subida de Paradela, con máis de 15 casos de golpe. Destaca pola contra a caída de Sober, con 13 menos.
O número de concellos limpos de covid segue en 3 e son 25 os que teñen menos de dez casos (1 menos).
A Mariña
- Alfoz: 12.
- Barreiros: 20 (2 menos).
- Burela: 40 (5 máis).
- Cervo: 30.
- Foz: 50 (5 máis).
- Mondoñedo: 20.
- Ribadeo: 46 (1 menos).
- Trabada: 26 (1 menos).
- Viveiro: 39 (5 menos).
- Xove: 15 (1 menos).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.
Terra Chá
- Abadín: 13.
- As Pontes: 45 (4 menos).
- Begonte: 15 (4 menos).
- Castro de Rei: 17 (2 máis).
- Cospeito: 11 (1 menos).
- Guitiriz: 17 (3 máis).
- Outeiro de Rei: 24 (4 máis).
- Vilalba: 46 (3 menos).
- Por debaixo de 10: A Pastoriza, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- O Incio: 14 (1 máis).
- O Páramo: 19.
- Paradela: 22.
- Sarria: 60.
- Por debaixo de 10 casos: Láncara e Samos.
- Quince días sen casos: Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 28.
- Antas de Ulla: 15 (3 menos).
- Baleira: 19.
- Baralla: 13 (4 menos).
- Castroverde: 14 (1 menos).
- Lugo: 479 (8 menos).
- Monterroso: 14 (4 máis).
- O Corgo: 22 (5 menos).
- Portomarín: 13.
- Palas de Rei: 20 (1 máis).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna e Pedrafita.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
- Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 10 (2 menos).
- Chantada: 15 (5 menos).
- Monforte: 111.
- O Saviñao: 16 (1 menos).
- Pantón: 22 (2 máis).
- Quiroga: 33 (1 máis).
- Sober: 44 (13 menos).
- Taboada: 44.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.