Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid comeza unha nova semana cunha importante noticia, a caída dos casos de forma brusca nas últimas 48 horas e dos casos novos, mentres a hospitalización dispárase.
Hoxe hai 1.728 casos activos, 417 menos que o sábado, con 72 novos contaxios e 588 altas en dúas xorndas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.755 casos rexistrados e 320 persoas falecidas.
A presión hospitalaria dispárase pola contra. Son 3 os ingresados na UCI (1 máis) e en planta aumentan ata 47 (9 máis), 33 están no de Lugo (8 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte.
POR COMARCAS
Estabilidade nos concellos, agás nos moi poboados, que é onde máis se nota a caída. Así, Lugo baixou 75 casos, Vilalba 23, Sarria 12 e Chantada 11. Tamén caeron en 23 no veciño concello das Pontes.
O número de concellos limpos de covid segue en 3 e son 18 os que teñen menos de dez casos (2 menos).
A Mariña
- A Pontenova: 15 .
- Barreiros: 28 (2 menos).
- Burela: 69 (7 menos).
- Cervo: 78 (1 menos).
- Foz: 79 (8 menos).
- Lourenzá: 14 (3 menos).
- Mondoñedo: 54 (1 máis)
- O Valadouro: 10.
- O Vicedo: 18 (1 máis).
- Ribadeo: 44.
- Viveiro: 238 (3 máis).
- Xove: 41 (9 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 16 (3 máis).
- A Pastoriza: 18 (4 menos).
- As Pontes: 117 (20 menos).
- Begonte: 14 (1 menos).
- Castro de Rei: 31 (2 menos).
- Cospeito: 35 (2 menos).
- Friol: 11 (4 menos).
- Guitiriz: 22 (4 menos).
- Meira: 11 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 43 (1 menos).
- Pol: 10.
- Rábade: 12.
- Vilalba: 182 (23 menos).
- Xermade: 11 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Muras.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 10.
- Becerreá: 17 (2 máis).
- Castroverde: 21.
- Lugo: 807 (75 menos).
- Monterroso: 35 (3 menos).
- O Corgo: 13 (3 menos).
- Palas de Rei: 30 (1 máis).
- Portomarín: 10 (2 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Cervantes, Guntín e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Navia de Suarna.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Láncara: 23 (3 menos).
- O Incio: 11 (1 menos).
- O Páramo: 12 (1 máis).
- Paradela: 10 (1 menos).
- Samos: 24 (4 menos).
- Sarria: 94 (12 menos).
- Triacastela: 10.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 10.
- Chantada: 29 (11 menos).
- Monforte: 80 (5 menos).
- O Saviñao: 10 (1 menos).
- Pantón: 12 (4 menos).
- Sober: 11.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Taboada.