Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid inicia a fin de semana cunha caída de casos condicionado novamente polo descenso de novos contaxios e polo aumento das altas.
Hoxe hai 2.145 casos activos, 166 menos que onte, con 133 novos contaxios e 296 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.584 casos rexistrados e 320 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria segue sostida. Son 2 os ingresados na UCI (1 menos) e en planta se manteñen en 38, 25 están no de Lugo (2 menos), 9 na Mariña (3 máis) e 4 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
Percíbese unha caída de casos concello a concello, sen subidas importantes e con algunha baixada importante como a de Lugo, con 49 casos, Vilalba (19), Burela (11) e Outeiro de Rei (10).
O número de concellos limpos de covid cae a 3 (2 menos que onte) e son 20 os que teñen menos de dez casos (3 máis).
A Mariña
- Alfoz: 10.
- A Pontenova: 15 (5 menos).
- Barreiros: 30 (2 menos).
- Burela: 76 (11 menos).
- Cervo: 79 (2 menos).
- Foz: 87 (2 máis).
- Lourenzá: 17.
- Mondoñedo: 53 (3 máis).
- O Vicedo: 17 (2 menos).
- Ribadeo: 44 (5 menos).
- Viveiro: 235 (8 menos).
- Xove: 50.
- Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 13 (1 menos).
- A Pastoriza: 22 (3 máis).
- As Pontes: 137 (6 menos).
- Begonte: 15 (2 menos).
- Castro de Rei: 33 (4 menos).
- Cospeito: 37 (5 menos).
- Friol: 15.
- Guitiriz: 26 (6 menos).
- Meira: 10 (5 menos).
- Outeiro de Rei: 44 (10 menos).
- Rábade: 12.
- Vilalba: 205 (19 menos).
- Xermade: 12 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Pol e Muras.
Centro da provincia
- Becerreá: 15 (1 máis).
- Castroverde: 21 (5 menos).
- Guntín: 10 (3 menos).
- Lugo: 882 (49 menos).
- Monterroso: 38 (1 máis).
- O Corgo: 16.
- Palas de Rei: 29.
- Portomarín: 12 (4 menos).
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Láncara: 26 (2 máis).
- O Incio: 12.
- O Páramo: 11.
- Paradela: 11 (1 menos).
- Samos: 28 (1 menos).
- Sarria: 106 (3 máis).
- Sen casos nunha semana: Triacastela.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 10 (1 menos).
- Chantada: 40 (5 menos).
- Monforte: 85 (1 máis).
- O Saviñao: 11.
- Pantón: 16 (3 menos).
- Taboada: 11 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.