CCOO e a Fundación 1.º de Maio debaten en Lugo sobre un modelo eólico xusto para Galicia

Esta iniciativa ten como finalidade elaborar propostas para un desenvolvemento sostible da enerxía eólica en Galicia que permitan superar o actual bloqueo da tecnoloxía
CCOO-Armando-Iglesias
12 Jun 2025

Comisións Obreiras e a Fundación 1.º de Maio organizan este venres, 13 de xuño, en Lugo, unha xornada sobre a enerxía eólica, enmarcada no proxecto Sociedade, eólica e traballo; propostas para un modelo de desenvolvemento eólico en Galicia socialmente xusto, impulsado por ambas as dúas entidades.

O encontro celebrarase no Hotel Torre de Núñez e ás 11:30 horas realizaranse declaracións aos medios de comunicación, nas que intervirán Armando Iglesias, secretario de Transicións de CCOO de Galicia; Carlos Martínez Camarero, integrante da Secretaría de Medio Ambiente confederal de CCOO; e Pablo Moros García, representante da Fundación 1.º de Maio.

Esta iniciativa ten como finalidade elaborar propostas para un desenvolvemento sostible da enerxía eólica en Galicia que permitan superar o actual bloqueo da tecnoloxía, favorecendo un impacto positivo sobre o territorio e o emprego e reducindo ao mínimo os efectos ambientais.

⚙ Configurar cookies
0.29575395584106