Cervo inaugura a mostra Photo Xuntanza, na que participan catro asociacións e o fotógrafo Vicente Ansola

Cervo inaugura a mostra Photo Xuntanza, unha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola
concello de cervo edificio
15 May 2024

Cervo inaugura a mostra Photo Xuntanza, unha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola. A inauguración está prevista para este próximo domingo 19 de maio ás 18.30 horas na sala das Caraboeiras, en Sargadelos.

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde. As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 037 300 ou 647 568 383. Na mostra colectiva participan, Fotonavia, asociación creada en Navia; Os Potiños, grupo de Carballiño, Grupo Asemeya de Xixón, Asociación Os Negativos de Viveiro e Vicente Ansola, como convidado especial.

O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional. Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén.

Photo_Xuntanza

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11418604850769