Coas altas estabilizadas, a covid segue sumando casos activos máis lentamente

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
4 Feb 2022

A covid volve crecer en casos activos unha xornada máis tras romper a súa tendencia á baixa cando as altas estabilizáronse. O que se reduce é o número de contaxios e súmase un novo falecido nunha xornada na que se avanza a eliminación da obligatoriedade de uso da máscara en exteriores.

Así, hoxe hai 6.429 casos activos, 63 máis que onte, con 490 novos contaxios e 425 altas. Onte os casos subiron en 218, con 645 novos contaxios e 422 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 45.518 casos rexistrados e 286 persoas falecidas. É unha máis que onte, un home de 80 anos ingresado no Hula.

A presión hospitalaria mantense alta Na UCI do Hula son 7 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 73 os pacientes, 47 no de Lugo (2 menos), 12 na Mariña e 14 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Xornada de estabilidade nos concellos, agás na zona sur onde se nota máis a tendencia á alza e na norte, onde é todo o contrario.

Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 57 menos, Ribadeo con 23, Burela con 18, A Pontenova con 11 e Mondoeñdo e Cervo con 10. No relativo ás subidas, Monforte suma 27.

Ningún concello está limpo de covid e son seis os que teñen menos de dez casos. Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Pedrafita.

A Mariña

  • Alfoz: 36 (2 máis).
  • A Pontenova: 89 (11 menos).
  • Barreiros: 72 (7 menos).
  • Burela: 202 (18 menos).
  • Cervo: 125 (10 menos).
  • Foz: 276 (5 menos).
  • Lourenzá: 41 (7 menos).
  • Mondoñedo: 97 (10 menos).
  • O Valadouro: 33 (2 menos).
  • O Vicedo: 30 (3 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 215 (23 menos).
  • Riotorto: 29 (3 máis).
  • Trabada: 30 (2 menos).
  • Viveiro: 349 (4 máis).
  • Xove: 82 (5 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 49 contaxios.
  • A Pastoriza: 82 (1 máis).
  • As Pontes: 306 (5 menos).
  • Begonte: 42 (5 menos).
  • Castro de Rei: 114 (5 máis).
  • Cospeito: 100.
  • Friol: 43 (5 menos).
  • Guitiriz: 84 (1 menos).
  • Meira: 61 (5 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 102.
  • Pol: 21 (1 máis).
  • Rábade: 24 (1 menos).
  • Vilalba: 401.
  • Xermade: 35 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 62 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 29.
  • O Páramo: 44 (1 menos).
  • Paradela: 27 (4 menos).
  • Samos: 18 (1 máis).
  • Sarria: 354 (5 máis).
  • Triacastela: 10 (2 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 77 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 12 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 33.
  • Baleira: 18 (2 menos).
  • Baralla: 61 (2 máis).
  • Becerreá: 72.
  • Castroverde 54 (3 máis).
  • Cervantes: 15.
  • Guntín: 48 (1 menos).
  • Lugo: 2.641 (57 menos).
  • Monterroso: 74 (2 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 50 (1 máis).
  • Palas de Rei: 64 (3 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 18.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 46 enfermos (2 menos).
  • Bóveda: 16 (1 menos).
  • Carballedo: 65 (2 máis).
  • Chantada: 326 (8 menos).
  • Folgoso do Courel: 18 (2 máis).
  • Monforte: 514 (27 máis).
  • O Saviñao: 86 (3 máis).
  • Pantón: 43 (2 menos).
  • Quiroga: 64 (8 menos).
  • Ribas de Sil: 25 (1 menos).
  • Sober: 35 (1 máis).
  • Taboada: 71 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.059276103973389