Continúa a baixada de casos activos axudada pola caída de novos contaxios

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid coronavirus colegio
24 Jan 2022

Unha mellora das cifras ofrecen un novo panorama na análise da covid na provincia. Baixan os casos activos e esta vez non só polas altas, que son moitas, senón tamén polo número de contaxios, que é inferior ao da xornada pasada.

Así, hoxe hai 7.266 casos activos, 355 menos que onte, con 446 novos contaxios e 801 altas. Onte os casos baixaron en 399, con 500 novos contaxios e 899 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 39.337 casos rexistrados e 271 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula son 7 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 60 os pacientes (4 máis), 46 no de Lugo (5 máis), 8 na Mariña e 6 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Xeralízase a tendencia á baixa, con maior notoriedade nos concellos grandes, no resto poucas subidas, agás en Barralla e Quiroga, con 16 e 11 casos máis, respectivamente.

Destacan as baixadas de Lugo con 68 menos, Burela con 24 e Viveiro con 21 menos.

Só Negueira de Muñiz permanece limpo e con menos de dez casos están Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e As Nogais.

A Mariña

  • Alfoz: 31 (1 menos).
  • A Pontenova: 86 (4 máis).
  • Barreiros: 93 (3 máis).
  • Burela: 398 (24 menos).
  • Cervo: 188 (5 máis).
  • Foz: 269 (1 menos).
  • Lourenzá: 59 (2 máis).
  • Mondoñedo: 109 (3 menos).
  • O Valadouro: 103 (1 máis).
  • O Vicedo: 24 (1 máis).
  • Ourol: 14.
  • Ribadeo: 403 (3 menos).
  • Riotorto: 15.
  • Trabada: 22.
  • Viveiro: 415 (21 menos).
  • Xove: 85 (4 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 53 contaxios (5 menos).
  • A Pastoriza: 98 (4 máis).
  • As Pontes: 253 (5 menos).
  • Begonte: 66 (2 menos).
  • Castro de Rei: 124 (3 máis).
  • Cospeito: 96 (1 máis).
  • Friol: 74 (1 máis).
  • Guitiriz: 199.
  • Meira: 49 (1 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 124 (3 máis).
  • Pol: 29 (1 menos).
  • Rábade: 28.
  • Vilalba: 455 (1 máis).
  • Xermade: 30 (3 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 53 enfermos (2 máis).
  • O Incio: 32 (2 máis).
  • O Páramo: 33 (2 máis).
  • Paradela: 51 (2 máis).
  • Samos: 40.
  • Sarria: 524 (6 menos).
  • Triacastela: 23.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 63 positivos (3 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 22 (1 máis).
  • Baleira: 18 (1 menos).
  • Baralla: 82 (16 máis).
  • Becerreá: 52 (3 máis).
  • Castroverde 54 (2 máis).
  • Cervantes: 20 (2 menos).
  • Guntín: 50 (3 menos).
  • Lugo: 3.399 (68 menos).
  • Monterroso: 96.
  • Navia de Suarna: 12.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 77 (3 menos).
  • Palas de Rei: 59 (3 máis).
  • Pedrafita: 10 (1 menos).
  • Portomarín: 23 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 45 enfermos (1 máis)
  • Bóveda: 28 (3 máis).
  • Carballedo: 38 (1 máis).
  • Chantada: 323 (2 máis).
  • Folgoso do Courel: 14.
  • Monforte: 385 (6 menos).
  • O Saviñao: 39 (1 menos).
  • Pantón: 49 (3 máis).
  • Quiroga: 92 (11 máis).
  • Ribas de Sil: 28 (2 máis).
  • Sober: 24 (3 menos).
  • Taboada: 44 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13434100151062