Continúa a caída de casos cos contaxios novos por debaixo do centenar

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
18 May 2022

A caída de casos activos continúa. Así, hoxe hai 1.394 casos, 155 menos que onte, con 81 novos contaxios nas últimas 24 horas e 236 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.661 casos rexistrados e 348 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense coas UCI baleiras e en planta con 68 enfermos (1 máis), 49 están no de Lugo, 8 na Mariña (1 máis), 9 en Monforte, 1 no Polusa e 1 nos Ollos Grandes.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caída importante de casos en todas as comartas. Destacan a de Lugo con 29 casos menos e Quiroga con 20. Pola contra un gromo en Burela deixa 24 casos novos dende onte.

Xa son 6 os concellos limpos de covid, cando onte eran 4. Tamén mantense alto o número de concellos con menos de 10 casos: 41.

A Mariña

  • Burela: 24.
  • Cervo: 13 (2 menos).
  • Foz: 11 (4 menos).
  • Mondoñedo: 11 (4 menos).
  • Ribadeo: 18 (3 menos).
  • Viveiro: 14 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Xove.
  • Unha semana sen casos: Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 27 (5 máis).
  • Castro de Rei: 19 (3 máis).
  • Cospeito: 10.
  • Guitiriz: 12 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 13 (3 menos).
  • Vilalba: 32 (9 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 25 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Triacastela.
  • Unha semana sen casos: Samos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11 (1 menos).
  • Lugo: 278 (29 menos).
  • O Corgo: 14 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Pedrafita e As Nogais.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 14.
  • Chantada: 24 (2 menos).
  • Monforte: 66 (7 menos).
  • O Saviñao: 19 (1 menos).
  • Quiroga: 14 (20 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Sober.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12850618362427