Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa á baixa en toda a provincia malia o crecemento da hospitalización e do número de novos contaxios con respecto a onte. Así, hai 667 casos activos, 60 menos que onte, cun rexistro de 27 novos positivos e 87 altas. Onte houbo un descenso de 82 casos activos, con 14 novos enfermos e 96 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.694 casos rexistrados e 241 persoas falecidas, 24 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria sobe un pouco máis. Hai 23 persoas ingresadas en tres hospitais (2 máis). Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 20 os enfermos; 11 están no de Lugo (1 máis), 2 na Mariña e 7 en Monforte (1 máis).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Ningún.
- En alerta alta: Monforte.
- No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Continúa a tendencia á baixa con casos illados nalgúns concellos aunque aumenta os que segue limpos de covid. Sarria ofrece a versión contraria e segue sumando positivos.
A Mariña
- A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
- Alfoz, por debaixo de 10.
- Barreiros suma dúas semanas sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo leva unha semana sen casos.
- Foz, por debaixo de 10 casos.
- Lourenzá está sen casos novos en unha semana.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo xa está por debaixo de 10 casos.
- Riotorto, sen casos xa en quince días.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro reduce ata 11 (3 menos).
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
- Abadín está por debaixo de 10 casos.
- As Pontes leva unha semana sen casos.
- Begonte, unha semana sen casos.
- Castro de Rei baixa 2 ata 11.
- Cospeito, por debaixo de 10 casos.
- Friol xa leva quince días sen contaxios.
- Guitiriz, sen casos na última semana.
- Meira sen casos na última semana.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
- Pol, sen casos novos en quince días.
- Rábade volve ter algún contaxio.
- Vilalba baixa 2 a 10 casos.
- Xermade, unha semana sen contaxios xa.
Comarca de Sarria
- Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
- O Incio volve ter algún caso tras quince días limpo.
- O Páramo leva xa unha semana sen casos.
- Paradela xa leva unha semana sen casos.
- Samos xa leva quince días sen contaxios.
- Sarria volve sumar, xa son 25 (3 máis).
- Triacastela, xa son quince días sen casos novos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada volve ter algún caso tras unha semana limpo.
- Antas de Ulla recupera 1 e queda con 11.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 3 casos ata 14.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá, por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, unha semana sen casos.
- Lugo cae ata 159, 16 casos menos.
- Monterroso baixa a 13 casos (4 menos).
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo xa leva unha semana sen casos.
- Palas de Rei reduce a 17 casos (3 menos).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón continúa con 11 contaxios.
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada baixa 1 caso ata 11.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte volve baixar contaxios. Son 144, 10 menos.
- O Saviñao xa está por debaixo de 10.
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga segue con 11.
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober, por debaixo de 10.
- Taboada mantense con 10 casos.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.