Continúa a tendencia á baixa na provincia
Malia o crecemento que está tendo en Galicia e mesmo en España, a covid-19 continúa rebaixando a presenza en la provincia con 162 casos activos este domingo, nesta ocasión son 5 menos. Na xornada anterior foron 10 menos.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 15). Ademais, as altas chegaron ás 11.631, 15 en 24 horas, o día anterior foron 25.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.009 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.
A presión hospitalaria rebaixa un pouco. Na UCI do Hula hai 2 (1 menos) mentres en planta son 11 os enfermos, 7 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e 3 en Monforte. O Polusa volve queda sen enfermos.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña
Viveiro, Foz e Riotorto son os únicos concellos que tiveron positivos na última semana. Neste último a incidencia é elevada.
- Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Ribadeo.
- Na última semana tampouco tiveron Xove e Burela.
- A situación en Riotorto segue controlada cunha incidencia media pero sen ter declarada a alerta.
Terra Chá
A incidencia continúa baixando tanto na comarca como nas Pontes. Rábade e Begonte son os únicos que tiveron positivos.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Meira e Castro de Rei.
- Xermade, Vilalba, Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana. Únese Outeiro de Rei.
Centro da provincia
A Montaña continúa limpa sumando xa varios meses en moitos concellos agás en Pedrafita, onde ten unha incidencia media malia non estar en alerta. Lugo sumou casos mentres o resto seguen sen positivos novos.
- Lugo suma 4 positivos e queda en 30 casos.
- Pedrafita do Cebreiro deixa de estar sen casos e malia non chegar a dez casos xa ten unha incidencia de nivel medio.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín e O Corgo. Únese Palas.
- Sen casos os últimos 7 están Antas de Ulla, Castroverde e Monterroso.
Comarca de Sarria
A comarca non supera o gromo. En Paradela e Samos a incidencia segue a ser elevada. En Láncara tamén hai positivos pero con valores de incidencia baixos.
- Sarria rebaixa dos dez casos.
- Paradela segue con menos de 10 casos pero cunha incidencia elevada.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
- A incidencia en Samos segue elevada malia non estar en alerta.
Ribeira Sacra
Quiroga volve ter casos tras unha semana limpo. Con incidencia alta están A Pobra de Brollón, Pantón e o Saviñao.
- Monforte rebaixa 4 casos máis e certifica 20.
- O Saviñao mantén a alerta alta con incidencia con valores de media e por debaixo dos dez casos.
- A Pobra de Brollón volve ter alta a incidencia.
- Pantón e Sober seguen en alerta media pola súa incidencia e no primeiro segue a ser alta.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
- Sen casos nos últimos sete días están Chantada e Taboada.