Continúa crecendo a hospitalización na provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mapa covid
10 May 2021

A provincia de Lugo suma un caso activo máis na súa loita contra a covid. Así, este luns hai 222 casos activos, cando na xornada anterior o descenso foi de 7. Poucas altas influíron nos datos xerais, nos que os novos contaxios baixaron.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foron 11). As altas chegaron ás 11.125, 8 en 24 horas, o día anterior foron 20.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.566 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, aumenta por terceira xornada consecutiva. Na UCI queda 1 persoa ingresada pero en planta hai dous máis e ahora son 9. 6 están no Hula (1 máis) e 3 Monforte (1 máis).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, mantense con tres concellos con restricións:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Incidencia leve na maior parte dos concellos, agás na Pastoriza e en Chantada onde os contaxios non se reducen.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Ribadeo, Alfoz, Burela e Foz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros. Únese Mondoñedo.
  • Sen casos novos na última semana están Cervo, Trabada e Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta, chega de novo aos dez casos.
  • Friol, Vilalba, Guitiriz, Xermade e Cospeito teñen casos pero con incidencia leve.
  • Meira, que segue en alerta media, está xa con incidencia moi baixa.
  • Outeiro de Rei e Castro de Rei están sen casos en 7 días. Únese Pol.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade e a veciña As Pontes.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 83 (1 menos).
  • Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Leva unha semana sen casos Becerreá.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sarria leva xa unha semana sen novos contaxios.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos. Únese Paradela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo, Pantón e Folgoso teñen casos pero con incidencia leve. Únese Taboada tras semanas limpo.
  • Chantada suma un caso máis e queda en 28, e segue en alerta media.
  • Monforte leva limpo unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1211109161377