Continúa o descenso de positivos e casos activos

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacina covid
29 Out 2021

A covid recupera a tendencia á baixa cunha nova caída de casos activos e novos contaxios. Así, hoxe hai 38 casos activos, 2 menos que onte, cun rexistro de 2 novos positivos e 4 altas. Onte a baixada foi de 1 enfermo con 5 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.008 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mantense. Son 3 as persoas ingresadas en hospitais: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos con algún caso baixan a 13 (1 menos). Na Mariña queda só Burela con casos, mentres na Terra Chá a Abadín, Castro de Rei, Guitiriz,  A Pastoriza e Outeiro de Rei réstase Vilalba, que leva unha semana limpo. No centro seguen Lugo, que acada xa os 14 casos, Castroverde e Baralla. Únese Baleira pero queda limpo Becerreá. No sur, Monforte, O Saviñao e O Incio.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Xove.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Viveiro. Únese Alfoz.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Guitiriz, Castro de Rei, A Pastoriza e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Vilalba.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade, Xermade.

Comarca de Sarria

  • O Incio, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 14 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castroverde e Baralla. Únese Baleira.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada e O Corgo. Únese Becerreá.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Únese Chantada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.19711494445801