Continúa o repunte por segundo día consecutivo pola ausencia de altas

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
26 Oct 2021

E continúan subindo os casos activos de covid debido á falta de altas. Seguen a ser cifras baixas pero por segundo día consecutivo rómpese a tendencia ao descenso. Hoxe hai 35 casos activos, 2 máis que onte, cun rexistro de 5 novos positivos e sen altas. Onte a subida foi de 6 enfermos con 7 novos contaxios e 1 alta.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.994 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue en 3 persoas, ingresadas todas na UCI do hospital de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos con algún caso seguen a ser 12. Na Mariña queda só Burela con casos, mentres na Terra Chá xa son Vilalba, Abadín, aos que se suman Castro de Rei e Guitiriz. No centro Lugo, Becerreá, Castroverde e Baralla, pero queda limpo Guntín. No sur, Monforte e O Saviñao seguen con algún caso e Sarria que da limpa aínda que se suma O Incio.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Viveiro.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín e Vilalba. Únense Guitiriz e Castro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Xermade.

Comarca de Sarria

  • O Incio volve ter casos.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela.

Centro da provincia

  • Por debaixo de 10 contaxios: Lugo, Becerreá, Castroverde e Baralla.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada. Únese O Corgo.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.098625898361206