Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa a tendencia á baixa. Así, hai 1.437 casos activos, 20 menos que onte, cun rexistro de 52 novos positivos e 70 altas. Onte a baixada foi de 5 casos, con 71 novos enfermos e 73 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.147 casos rexistrados e 233 persoas falecidas, 16 nesta quinta vaga, trala morte dun home de 92 anos no Hula.
A presión hospitalaria mantense igual. Hai 32 persoas ingresadas en tres hospitais. Na UCI do Hula seguen 4 ingresados, e nas diferentes plantas son 28 os enfermos; 22 están no de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte.
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Monforte.
- En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
- No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Tendencia xeral á baixa en todas as zonas. Destaca o crecemento de Viveiro (con 11 casos nun día) e Cospeito (con 4). Ralentízase o contaxio no resto de zonas con gromos.
A Mariña
- A Pontenova segue con 13.
- Alfoz xa leva unha semana sen casos.
- Barreiros por debaixo de 10 casos.
- Burela xa está por debaixo de 10.
- Cervo xa leva sen positivos unha semana.
- Foz sobe ata 19 (1 máis).
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos na última semana.
- Ribadeo baixa 3 ata 21.
- Riotorto, sen casos na última semana.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro 25 casos, suma 11 dende onte.
- Xove, sen casos na última semana.
Terra Chá
- A Pastoriza mantén 41.
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes está por debaixo de 10.
- Begonte baixa a 16 (1 menos).
- Castro de Rei baixa 2 ata 51.
- Cospeito segue sumando e chega a 23 (4 máis).
- Friol continúa con 12.
- Guitiriz segue con 11 casos.
- Meira sobe a 11 casos.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei segue con 20.
- Pol, por debaixo de 10.
- Rábade reduce a 10 casos (3 menos).
- Vilalba sobe a 45, 5 máis.
- Xermade, sen casos novos nunha semana.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo dos 10 casos.
- O Incio, sen casos novos nunha semana.
- O Páramo, con menos de 10.
- Paradela, por debaixo de 10.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria segue con 25.
- Triacastela, menos de 10 casos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
- Antas de Ulla sobe 1 ata 11.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 1 ata 45.
- Baleira, sen casos novos na última semana.
- Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín con menos de 10 casos.
- Lugo aumenta de novo en 3 os casos activos, 372.
- Monterroso suma 1 máis ata 35.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei, sobe ata 28 con 1 caso máis.
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón volve ter algún caso.
- Bóveda, por debaixo de 10.
- Carballedo, unha semana sen casos.
- Chantada baixa 1 ata 38.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte segue disparado. Son 254, 3 máis.
- O Saviñao baixa ata 28 (1 menos).
- Pantón, con menos de 10 casos.
- Quiroga segue con 10 casos.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Sober, menos de 10 casos.
- Taboada, por debaixo de 10.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.