Destacan os galegos nos Campionatos de España de Tríatlon Cros, Acuatlón e Dúatlon Cros 2025 en Calahorra

Durante esta fin de semana celebrouse en Calahorra (A Rioxa) unha intensa axenda de competicións nacionais con motivo dos Campionatos de España de Tríatlon Cros, Acuatlón e Dúatlon Cros 2025, nos que as deportistas galegas volveron destacar.
Na proba de Tríatlon Cros en categoría élite feminina, Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) revalidou o seu título nacional ao proclamarse campioa de España. Na mesma proba, o maillot Loterías ao mellor tempo no segmento de natación tamén foi para Kevin Tarek Viñuela, do mesmo club.
Na categoría júnior feminina, Lucía Piñón (Deportivo Delikia) impúxose con autoridade, mentres que Cristina Martínez (Náutico de Narón) acadou unha meritoria segunda posición na categoría cadete.
Estes resultados consolidan, unha vez máis, o papel protagonista do tríatlon galego a nivel estatal.