Dous alumnos de Ourense e A Coruña logran o primeiro e segundo posto na LXII Olimpíada Matemática Española

Pablo Freire, del IES As Lagoas de Ourense, alzouse coa medalla de ouro e representará a España no internacional en Shanghai, mentres que Liss Marian Estévez, do IES Monte das Moas da Coruña, obtivo prata na categoría xeral e ouro na feminina
premios-olimpiadas-matematicas
20 Mar 2026

A LXII Olimpíada Matemática Española celebrada a semana pasada en Madrid deixa excelentes resultados para o estudantado galego, especialmente nas provincias de Ourense e A Coruña, con dúas medallas de ouro e unha de prata en categoría nacional, ademais dun bronce na autonómica.

O máximo galardón foi, por segundo ano consecutivo, para Pablo Freire, estudante de 1º de Bacharelato no Instituto As Lagoas de Ourense, con medalla de ouro na categoría xeral. Grazas a este logro, Freire formará parte do equipo español que representará a España na International Mathematical Olympiad que terá lugar en Shanghai o vindeiro mes de xullo.

Pola súa parte, Liss Marian Estévez, estudante de 1º de Bacharelato do Instituto Monte das Moas da Coruña, obtivo a prata na categoría xeral e a medalla ouro na modalidade feminina, e representará a España no campionato europeo feminino que terá lugar en Bordeos o vindeiro mes de abril. Na fase española tamén participou Pablo París, estudante do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, logo de obter o terceiro posto en Galicia.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, recibiu hoxe aos tres premiados para trasladarlles a noraboa polo seu o esforzo, destacando que on “un orgullo” e representan “un exemplo da nosa Galicia Calidade” a través da formación académica nas aulas galegas “como o demostra que estean ao máis alto nivel no panorama estatal”. Rodríguez aproveitou para poñer en valor que o Goberno galego está a reforzar a aprendizaxe das matemáticas a través dun programa específico ao abeiro do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, que ten por obxecto avanzar nunha atención máis personalizada do alumnado, fomentando as competencias clave e a aposta por un ensino cada vez máis inclusivo, plural e diverso.

0.34372687339783