Dous atletas do Club Halterofilia Cambre loitarán no Campionato de España Absoluto

Competirán nesta cita do calendario nacional Javier Rodríguez Moreno e Noelia Bacariza Moreno
halterofilia-cambre
13 Jun 2025

Esta fin de semana, 14 e 15 de xuño, Zaragoza acolle unha das citas máis importantes do calendario nacional coa celebración do Campionato de España Absoluto de Halterofilia, e o Club Halterofilia Cambre estará representado por dous atletas que loitarán polos podios.

Na categoría masculina (+110 kg), Javier Rodríguez Moreno competirá o sábado ás 18:30 horas con un claro obxectivo: conseguir o seu terceiro título consecutivo como campión de España. Sen dúbida, unha oportunidade para seguir marcando historia no club e no halterofilia galega.

Na categoría feminina (-69 kg), a xuvenil Noelia Bacariza Moreno afronta o seu debut nun campionato desta magnitude o domingo ás 11.30 horas. A pesar de ser a súa primeira experiencia a este nivel, os seus obxectivos son firmes: “mellorar marcas e loitar pola mellor posición posible”, demostrando así o seu compromiso e talento.

As competicións comezan ás 09.00 horas en Zaragoza, onde se concentrarán os mellores halterófilos e halterófilas de España para unha loita intensa e emocionante.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.28756713867188