Dous novos falecidos cunha nova xornada en crecemento de casos e de hospitalización

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hula lugo covid coronavirus5
6 Jan 2022

A covid continúa co seu avance imparable coa hospitalización de novo en crecemento xunto a un continuo aumento de contaxios aos que se suman dous novos falecidos. Nesta xornada o aumento viuse paliado polo elevado número de altas.

Así, hoxe hai 5.971 casos activos, 422 máis que onte, con 547 novos contaxios e 126 altas. Onte os casos subiron en 481, con 563 novos contaxios e 88 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 27.983 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga. Son dous máis que onte, home de 46 e unha muller de 93 anos, os dous ingresados no Hula.

A presión hospitalaria volve incrementarse. Na UCI do Hula seguen 6 ingresados, mentres en planta son 23 pacientes (5 máis), 13 no de Lugo (2 máis), 5 na Mariña (2 máis)  e 5 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Muras, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz levan polo menos unha semana sen novos contaxios, ao igual que onte. Ademais, só 7 concellos seguen por debaixo dos dez contaxiados (3 menos que onte) e o crecemento é elevadísimo en Lugo (138 máis), Burela (31), Sarria (24) e As Pontes (12).

A Mariña

  • Alfoz: 11 casos.
  • A Pontenova: 22 (5 máis).
  • Barreiros: 36 (4 máis).
  • Burela: 257 (31 máis).
  • Cervo: 56 (3 máis).
  • Foz: 85.
  • Lourenzá: 44 (6 máis).
  • Mondoñedo: 38 (4 máis).
  • O Valadouro: 15.
  • O Vicedo: 15 (2 menos).
  • Ourol: 13 (1 máis).
  • Ribadeo: 137 (12 máis).
  • Viveiro: 230 (10 máis).
  • Xove: 37 (9 máis).
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 15 contaxios.
  • A Pastoriza: 17.
  • As Pontes: 168 (12 máis).
  • Begonte: 43 (2 máis).
  • Castro de Rei: 48 (4 máis).
  • Cospeito: 58 (4 máis).
  • Friol: 37 (2 menos).
  • Guitiriz: 66 (7 máis).
  • Meira: 12 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 76 (2 máis).
  • Rábade: 27 (4 máis).
  • Vilalba: 256 (2 máis).
  • Xermade: 23 (2 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 49 enfermos (3 máis).
  • O Incio: 20 (2 máis).
  • O Páramo: 11.
  • Paradela: 17.
  • Samos: 15 (1 máis).
  • Sarria: 306 (24 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 48 positivos (8 máis).
  • Antas de Ulla: 10.
  • Baleira: 11.
  • Baralla: 39 (1 máis).
  • Becerreá: 48 (9 máis).
  • Castroverde 43 (4 máis).
  • Cervantes: 18 (5 máis).
  • Guntín: 40 (4 máis).
  • Lugo: 2.190 (138 máis).
  • Monterroso: 48 (1 máis).
  • Navia de Suarna: 12 (1 máis).
  • O Corgo: 48 (1 máis).
  • Palas de Rei: 38 (5 máis).
  • Portomarín: 17 (1 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
  • Bóveda: 15 (1 menos).
  • Carballedo: 14 (1 máis).
  • Chantada: 113 (3 máis).
  • Folgoso do Courel: 12.
  • Monforte: 402 (8 máis).
  • O Saviñao: 40.
  • Pantón: 48 (1 menos).
  • Quiroga: 40 (1 máis).
  • Sober: 45 (5 máis).
  • Taboada: 32.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14053797721863