Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid experimenta de novo un pico de subida trala baixada consecutiva das últimas xornadas. Así, hoxe hai 1344 casos activos, 14 máis, cunha subida de 100 novos positivos e 82 altas. Onte a baixada foi de 31 casos, con 72 novos enfermos e 104 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.897 casos rexistrados e 227 persoas falecidas, dez nesta quinta vaga. Son dúas máis que a xornada anterior, en concreto dúas mulleres de 92 e 83 anos que faleceron o pasado sábado no Hula.
A presión hospitalaria descende lixeiramente. Hai 37 persoas ingresadas (1 menos) en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 (1 menos) e nas diferentes plantas son 30 os enfermos; 22 están no de Lugo, 3 na Mariña, 4 en Monforte e 1 no Polusa.
CAMBIO DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta, que está establecido en 3 niveis, queda do seguinte xeito:
- En alerta máxima: ningún.
- En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
- No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.
POR COMARCAS
Poucos movementos destacados nos concellos, onde Lugo rompe a tendencia xeral cun importante aumento debido a un gromo nas Gándaras.
A Mariña
- A Pontenova, con menos de 10.
- Alfoz segue con 10.
- Barreiros mantén 15.
- Burela, 22, 7 menos que onte.
- Cervo, menos de 10 casos.
- Foz, 18 casos, 6 casos menos.
- Lourenzá, leva quince días sen casos.
- Mondoñedo reduce 1 ata os 10 casos.
- O Valadouro reduce a 10 (1 menos).
- O Vicedo, con menos de dez.
- Ourol, con menos de dez.
- Ribadeo baixa 5 ata 48.
- Riotorto, con menos de dez.
- Trabada, menos de 10 casos.
- Viveiro, 74 casos, 6 menos.
- Xove, menos de 10.
Terra Chá
- A Pastoriza sobe ata os 10 casos.
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes baixa 2 ata 20.
- Begonte sobe 2 ata 13 casos.
- Castro de Rei mantén 17.
- Cospeito sobe 1 ata 16.
- Friol, sen casos nunha semana.
- Guitiriz mantén 16.
- Meira, con menos de 10 casos.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei sobe 2 casos ata 26.
- Pol, menos de 10.
- Rábade, sobe 2 máis ata 15.
- Vilalba mantense en 42.
- Xermade, menos de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, xa esta por debaixo dos 10 casos.
- O Incio, menos de 10 casos.
- O Páramo, menos de 10 casos.
- Paradela, sen casos nunha semana.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria sobe 1 ata 48 casos.
- Triacastela, menos de 10 casos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, baixa 2 ata 120.
- Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla, con menos de 10 casos.
- Baleira, con menos de 10 casos.
- Becerreá, con menos de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín, sen casos na última semana.
- Lugo sobe 31 polo gromo das Gándaras ata 426.
- Monterroso mantén 13.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, con menos de 10 casos.
- Palas de Rei, sen casos na última semana.
- Pedrafita, con menos de 10 casos.
- Portomarín, sen novos casos nunha semana.
- Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón segue en 22.
- Bóveda, sen novos casos nunha semana.
- Carballedo, menos de 10 casos.
- Chantada sobe a 32 (3 máis).
- Folgoso do Courel, sen casos en quince días.
- Monforte baixa 3 ata 62 casos.
- O Saviñao, menos de 10 casos.
- Pantón, con menos de 10 casos.
- Quiroga, menos de 10 casos.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Sober, menos de 10 casos.
- Taboada baixa 1, ata 10 casos.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo non se poderá servir nos interiores dos locais de hostalaría e ocio nocturno.
Nas de nivel alto, o aforo será do 30% en interior e do 50% no exterior e o ocio nocturno interior permanecerá pechado e unicamente terán servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 50% da capacidade máxima permitida.
No nivel medio a limitación no interior e na terraza será do 50%, e no ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.
Por último, no nivel medio-baixo a restrición no interior será de 50% e na terraza ao aire libre do 100%. No ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.