Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Continúa a caída de casos activos na provincia agora xa por debaixo dos 4.000 e cun importante descenso dos novos contaxios aínda que a presión hospitalaria non mellora e se suman dous novos falecidos.
Así, hoxe hai 4.044 casos activos, 277 menos que onte, con 242 novos contaxios e 463 altas. Onte os casos baixaron en 371, con 169 novos contaxios e 540 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 49.195 casos rexistrados e 301 persoas falecidas, dúas máis que onte.
A presión hospitalaria sobe de novo. Na UCI do Hula baixan a 3 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 61 os pacientes (3 máis), 37 no de Lugo (1 menos), 10 na Mariña e 13 en Monforte (3 máis).
POR COMARCAS
Os concellos seguen á baixa. O que máis baixa segue a ser Lugo, con 57 menos, seguido de Vilalba con 19, Foz con 14, Chantada con 13 e Viveiro con 10. As Pontes tamén caeu en 18 contaxios.
Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Muras leva una semana sen casos e por debaixo de dez contaxios novos están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e únese Samos, xa que Ribas de Sil volve a sumar 10 positivos.
A Mariña
- Alfoz: 30 casos (2 máis).
- A Pontenova: 22 (4 menos).
- Barreiros: 19 (3 menos).
- Burela: 118 (6 menos).
- Cervo: 51 (2 menos).
- Foz: 138 (14 menos).
- Lourenzá: 25 (2 menos).
- Mondoñedo: 33 (5 menos).
- O Valadouro: 14 (3 menos).
- O Vicedo: 21 (1 menos).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 116 (2 menos).
- Riotorto: 17 (2 menos).
- Trabada: 29 (4 menos).
- Viveiro: 240 (10 menos).
- Xove: 51 (2 menos).
Terra Chá
- Abadín: 40 contaxios (3 menos).
- A Pastoriza: 40 (1 menos).
- As Pontes: 180 (18 menos).
- Begonte: 28 (1 máis).
- Castro de Rei: 144 (3 máis).
- Cospeito: 65 (6 menos).
- Friol: 31 (1 máis).
- Guitiriz: 42 (3 menos).
- Meira: 42 (8 menos).
- Muras: Unha semana sen casos.
- Outeiro de Rei: 50.
- Pol: 50 (3 menos).
- Rábade: 20 (3 menos).
- Vilalba: 272 (19 menos)
- Xermade: 12 (2 menos).
Comarca de Sarria
- Láncara: 47 enfermos.
- O Incio: 18 (2 menos).
- O Páramo: 25 (1 menos).
- Paradela: 23 (1 máis).
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 231 (8 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 48 positivos (2 máis).
- As Nogais: 14 (1 menos).
- Antas de Ulla: 28 (4 menos).
- Baleira: 11.
- Baralla: 33.
- Becerreá: 35.
- Castroverde 34 (3 menos).
- Cervantes: 12 (3 menos).
- Guntín: 23 (1 menos).
- Lugo: 2.048 (57 menos).
- Monterroso: 78 (7 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
- O Corgo: 43 (7 menos).
- Palas de Rei: 32 (2 menos).
- Pedrafita: Por debaixo de 10.
- Portomarín: 13 (2 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 23 enfermos.
- Bóveda: 11.
- Carballedo: 29 (7 menos).
- Chantada: 243 (13 menos).
- Folgoso do Courel: 16 (1 menos).
- Monforte: 386 (8 menos).
- O Saviñao: 63 (1 menos).
- Pantón: 20.
- Quiroga: 30 (6 menos).
- Ribas de Sil: 10.
- Sober: 20 (1 máis).
- Taboada: 40 (8 menos).
RESTRICIÓNS
- Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
- As máscaras en exterior non son obligatorias.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).