Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A media de contaxios diarios na provincia sitúase xa no 50 cun crecemento continuado aínda que non moi pronunciado da que xa se coñece como a sexta vaga.
Hoxe hai 435 casos activos, 29 máis que onte, cun rexistro de 47 novos positivos e 19 altas. Onte houbo 37 máis, con 56 novos contaxios e 20 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.535 casos rexistrados e 255 persoas falecidas.
A presión hospitalaria recrudécese cun novo ingreso en UCI mentres seguen tres pacientes en planta (1 menos que onte), todos no Hula.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións. Hoxe entran en vigor as novas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución persoas nos grupos.
POR COMARCAS
A covid segue manténdose presente na maior parte dos concellos e nas vilas máis poboadas están xa con máis de dez enfermos.
A Mariña
- Viveiro baixa a 18 casos (1 menos).
- Burela volve ter casos.
- Foz acada os 10 contaxios.
- Por debaixo de 10: Ribadeo, Alfoz, Xove, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros e A Pontenova.
- Unha semana sen casos: Mondoñedo.
- Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba mantense en 14 contaxiados.
- Outeiro de Rei baixa a 15 (1 menos).
- Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, As Pontes e Pol.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz. Únese Begonte.
- Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 2 casos ata 16 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: súmanse Paradela e O Páramo
- Máis de quince días limpos Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- O crecemento en Lugo ralentízase con 190 contaxios (6 máis).
- As Nogais segue con 12 positivos.
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Pedrafita, Portomarín, Castroverde, Guntín e Cervantes.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas e Antas.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- En Chantada xa son 19 os contaxios (4 máis).
- Monforte certifica xa 11 casos.
- Ribas de Sil volve ter enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober e Pantón.
- Máis de quince días limpo: Bóveda, Quiroga, e Taboada.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.