Entran en vigor as novas restricións cos contaxios e os casos á baixa
Este luns volve rexistrarse un descenso de casos activos debido á baixa de contaxios novos. Así, los casos quedan en 214, 14 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 11.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 3 casos novos (onte foron 9). Ademais, as altas chegaron ás 11.050, 16 en 24 horas, o día anterior foron 22.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.482 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.
Respecto á presión hospitalaria, esta volve mellorar. Na UCI seguen 4 enfermos, e en planta baixan os casos a 12 (1 menos). 7 están no Hula (1 máis), 2 no hospital da Mariña (1 menos) e 3 Monforte (1 menos).
O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continúa deste xeito dende hoxe:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A fin de semana remata con datos de contención do virus en todas as comarcas e nos concellos donde hai casos con incidencia baixa.
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Lourenzá e Trabada
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo e Xove.
- Sen casos novos na última semana están Barreiros e únese Mondoñedo.
Terra Chá
- Meira, que baixará a alerta media, continúa reducindo a incidencia.
- Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, Cospeito e Castro de Rei teñen casos pero con incidencia leve.
- A Pastoriza entra hoxe en alerta alta ao subir a incidencia, xa está por debaixo dos dez casos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade.
- As Pontes segue sen casos na última semana.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo baixan de novo a 94 (5 menos).
- Becerreá volve ter casos, pero con incidencia baixa.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín.
- Palas e Cervantes xa levan unha semana sen casos.
Comarca de Sarria
- Láncara, Sarria e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
- Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios.
- Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
- Chantada sobe a 21 casos (1 máis) e seguirá en alerta media.
- Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga. Únese Pantón.