Estréase a xornada sen máscaras cun aumento lixeiro de casos e a caída da hospitalización

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid test antixenos
20 Abr 2022

O virus segue presente na provincia e crecendo no día no que se elimina a obligatoriedade de uso das máscaras en interiores pero os datos compénsanse cunha caída da hospitalización. Así, hoxe hai 1.914 casos, 15 máis que onte, con 245 novos contaxios e 230 altas en 24 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.447 casos rexistrados e 330 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria cae de súpeto. A UCI do Hula queda con 1 paciente (1 menos) e en planta hai 59 enfermos (12 menos), 42 están no de Lugo (8 menos), 9 na Mariña (2 menos), 7 en Monforte (2 menos) e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Estabilidade na provincia en todas as comarcas sen grandes subidas nin baixadas.

O número de concellos limpos de covid é de 6 (2 máis que onte) e son 33 os que teñen menos de dez casos (2 menos).

A Mariña

  • A Pontenova: 11 (6 menos).
  • Barreiros: 26.
  • Burela: 33 (4 menos).
  • Cervo: 11 (3  menos).
  • Foz: 38 (5 menos).
  • Lourenzá: 10 (1 menos).
  • Mondoñedo: 46 (5 menos).
  • O Valadouro: 13 (1 máis).
  • Ribadeo: 55 (5 máis).
  • Viveiro: 37 (5 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 10 (1 menos).
  • As Pontes: 29.
  • Castro de Rei: 11 (1 menos).
  • Guitiriz: 18 (1 menos).
  • Friol: 11.
  • Outeiro de Rei: 19 (2 máis).
  • Vilalba: 39 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 17 (4 máis).
  • Antas de Ulla: 11.
  • Becerreá: 14 (2 máis).
  • Castroverde: 23 (2 máis).
  • Lugo: 349 (8 máis).
  • Palas de Rei: 31 (1 máis).
  • Pedrafita: 13 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 11.
  • O Páramo: 17 (3 máis).
  • Sarria: 59 (3 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: O Incio, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 54 (17 menos).
  • Quiroga: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.
0.055280208587646