Francisco Javier Freije Freije será o xuíz do XXXIX Concurso de Gando da Moexmu

Ten unha ampla experiencia en certames nacionais de Conafe e estivo en tres ocasións na feira de Muimenta
xuiz-moexmu-francisco-javier-freije
25 Feb 2025

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo e ultimando o programa de actividades para os vindeiros 4, 5 e 6 de abril.

O xuíz desta edición será Don Francisco Javier Freije Freije. Propietario de Casa Roxo en Vegadeo (Asturias), unha explotación gandeira de carácter familiar, con 190 cabezas de gando (94 en ordeño), unha produción media de 11.620 kg. de leite e unha media de cualificación de 83 puntos. Casa Roxo é a segunda explotación por ICO do Principado de Asturias.

A súa experiencia como xuíz é ampla. Freije é Xuíz Nacional de Conafe en activo dende 2004, ano no que acudiu á Moexmu por primeira vez. Dende dita data, xulgou numerosos concursos, entre outros o XXIV Concurso Rexional de Asturias 2006, os concursos cataláns da Raza Frisoa de 2007 e 2010, o XIV Concurso Rexional de Castela e León no 2007, o XV Concurso Morfolóxico da Raza Frisoa Valle de Los Pedroches no 2009, o XXXIII Concurso Morfolóxico de Raza Frisoa de Campos (Mallorca), o Concurso de Frisón de Irún (Guipúzcoa) e o de Galizano (Cantabria) no 2013, o Concurso de Euskal Herría (Tolosa) no 2014 e en tres ocasións o da Moexmu: 2004, 2011 e 2015, así como o de Renedo (Cantabria) no 2015 e a edición de 2017 de certamen Usías Holstein, en Dos Torres (Córdoba). Foi xuíz do X Concurso Nacional de Primavera Conafe 2007 e do XXXIII Concurso Nacional Conafe 2012 .

Tamén foi director Técnico da XXXVII Escola de Xuíces Gandeiros celebrada en el Valle de Los Pedroches (Córdoba) en marzo do 2012 e da XXXIX Escola de Xuíces Gandeiros celebrada en Cantabria en marzo de 2022.

En Portugal xulgou en varias ocasións, dende o concurso de Agroleite en 2005, o Concurso Rexional das Azores en O Faial no 2006; a XI Escola de Xuíces de San Miguel (Azores) en 2009, e os concursos de Braga e Aveiro, ambos no 2018. En xuño do 2022 dirixiu a Escola de Morfoloxía na localidade de Maia e en decembro de 2022 A Escola de Morfoloxía en Ponte Lima. O seu último concurso xulgado no país veciño foi o de Ponte Lima en 2023.

0.11489105224609