Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid experimentou un pequeno repunte de casos activos debido á caída das altas pero os casos novos descenden do mesmo xeito que a hospitalización, na que as UCI xa non teñen pacientes.
Así, hoxe hai 2.702 casos activos, 30 máis que onte, con 215 novos contaxios e 181 altas. Onte os casos baixaron en 71, con 221 novos contaxios e 299 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.302 casos rexistrados e 306 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria redúcese quedando as UCI baleiras (onte había un ingresado). En planta son 46 os pacientes (5 menos), 30 no de Lugo (6 menos), 8 na Mariña e 8 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Xornada de máis caídas que subidas seguindo a tendencia xeral. Sarria sobe en 10 contaxios, o resto por debaixo desa cantidade. Baixan en maior proporción, Lugo con 88 menos, Monforte con 16, Pol con 14 e As Pontes con 21 menos.
Pedrafita leva unha semana, o único. Por debaixo de 1o están Negueira de Muñiz, Baleira, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, Portomarín, Sober e Muras. Únense Trabada e Ribas de Sil.
A Mariña
- Alfoz: 28 casos.
- A Pontenova: 13 (2 máis).
- Barreiros: 21 (1 máis).
- Burela: 65.
- Cervo: 16 (3 menos).
- Foz: 75 (5 menos).
- Lourenzá: 11 (3 menos).
- Mondoñedo: 26 (3 menos).
- O Valadouro: 29 (2 máis).
- O Vicedo: 17 (1 menos).
- Ourol: 10.
- Ribadeo: 81 (4 menos).
- Riotorto: 10.
- Trabada: Por debaixo de 10.
- Viveiro: 138 (3 menos).
- Xove: 30 (3 menos).
Terra Chá
- Abadín: 12 contaxios (3 menos).
- A Pastoriza: 34 (4 máis).
- As Pontes: 93 (21 menos).
- Begonte: 21 (2 menos).
- Castro de Rei: 85 (4 menos).
- Cospeito: 28 (4 menos).
- Friol: 25 (3 menos).
- Guitiriz: 19 (1 menos).
- Meira: 19.
- Muras: Menos de 10.
- Outeiro de Rei: 36 (1 menos).
- Pol: 21 (14 menos).
- Rábade: 11 (2 menos).
- Vilalba: 190 (2 menos)
- Xermade: 14 (1 menos).
Comarca de Sarria
- Láncara: 22 enfermos (2 máis).
- O Incio: 13.
- O Páramo: 19 (1 menos).
- Paradela: 16.
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 137 (10 máis).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 63 positivos (3 menos).
- As Nogais: 13 (3 menos).
- Antas de Ulla: 20 (3 menos).
- Baleira: Por debaixo de 10.
- Baralla: 40 (1 máis).
- Becerreá: 32.
- Castroverde 16 (1 menos).
- Cervantes: 11 (2 menos).
- Guntín: 13 (1 máis).
- Lugo: 1.413 (88 menos).
- Monterroso: 22 (8 menos).
- Navia de Suarna: 12.
- Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
- O Corgo: 38.
- Palas de Rei: 25 (4 menos).
- Pedrafita: Unha semana sen casos.
- Portomarín: Por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 16 enfermos (1 menos).
- Bóveda: 11.
- Carballedo: 18.
- Chantada: 100 (1 menos).
- Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
- Monforte: 192 (16 menos).
- O Saviñao: 48 (6 menos).
- Pantón: 12 (1 menos).
- Quiroga: 16 (3 menos).
- Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
- Sober: Por debaixo de 10.
- Taboada: 11 (7 menos).
RESTRICIÓNS
- Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
- As máscaras en exterior non son obligatorias.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).