Galicia acada dous ouros, tres pratas e seis bronces no campionato de españa júnior de taekwondo
A selección galega acadou dous ouros, tres pratas e seis bronces no Campionato de España Júnior, celebrado este domingo en Tarragona.

18 Mar 2025
Os ouros foron para Tomasa Franco e Carla Sesar, mentres que Roi Fraga, Víctor Videla e Antón Quintela lograron a prata. Os seis bronces foron para Luis Fero, Pablo Carreira, Thiago Segade, Ayrton Iglesias, Andrea Videla e Venus Izegbe Vilaseco.
Medallas de ouro
- Tomasa Franco (-59, Natural Sport) tivo que gañar catro combates para proclamarse campioa de España do seu peso. Superou a Natalia González (Castela-A Mancha), Tania Pavel (Madrid), Irene Soriano (Aragón) e na final impúxose a Miriam Alfonso (Andalucía).
- Carla Sesar (-55, Natural Sport) debutou ante Nuria Miralles (Comunidade Valenciana), venceu en cuartos a Elena Valverde (Castela-A Mancha) e en semifinais a Lucía Troyano (Baleares). Na final, superou a Eva Blesa (Cataluña).
Medallas de prata
- Roi Fraga (-63, Número Phi) acadou a prata nunha das categorías máis disputadas (26 competidores). Venceu cinco combates antes de caer na final ante Marcos López (Castela e León).
- Víctor Videla (-48, Natural Sport) avanzou ata a final tras vencer a Ángel Aguiló (Madrid), Stefan Dinu (Andalucía) e Gabriel Rodríguez (Comunidade Valenciana). Na loita polo ouro, perdeu contra Bernat Nadal (Baleares).
- Antón Quintero (-78, Kwon) tamén conseguiu a prata tras vencer a Alejandro Fernández (Madrid) e Adam Benchahba (Valencia), pero caeu na final ante Hugo García (Cataluña).
Medallas de bronce
- Luis Fero (-78, Boudsport), tras vencer a Miguel Sagreras (Baleares) e Adrián Matilla (Navarra), perdeu en semifinais ante o campión Hugo García (Cataluña).
- Pablo Carreira (-55, JFR Taekwondo) superou a Besay Diepa (Canarias) e Joan Salvador (Valencia) antes de caer en semifinais ante Anwar Benteib (Cataluña).
- Thiago Segade (-51, Natural Sport) gañou a Manuel Marques (Baleares), Enol Pérez (Asturias) e Marc Zurita (Valencia), pero perdeu en semifinais ante Nicolás Calvo (Cataluña).
- Ayrton Iglesias (-68, Número Phi) derrotou a Omar Elhallali (Aragón) e Erik Gali (Baleares), pero foi eliminado en semifinais por Danila Khabarov (Valencia).