Galicia arrasa no campeonato de España cadete de Taekwondo

Logra a primeira posición por equipos na categoría masculina, feminina e na xeral
taekowondo
17 Mar 2025

A Federación Galega de Taekwondo brillou no Campionato de España Cadete, celebrado o sábado en Tarragona, logrando a primeira posición por equipos na categoría masculina, feminina e na xeral. En total, a selección galega obtivo seis medallas de ouro (Nicolás Casas, Dani Abeijón, Arianna Deibe, Alba Figueira, Ainara Piñeiro e Ángela Balado) e seis medallas de bronce (Mateo Calo, Lucas Martín, Alejandro Quintela, Keila Crujeiras, Sofía Rodríguez e Julia Gómez).

Domino na categoría feminina

Na competición feminina, Galicia acadou catro ouros e tres bronces. En -41 kg, o equipo galego celebrou un doblete. Alba Figueira (Boud Sport) proclamouse campioa de España, tras gañar catro combates, derrotando na final a Iris García (Madrid). A súa compañeira Julia Gómez (Kwon) obtivo o bronce, caendo en semifinais ante a mesma rival.

En -29 kg, Ainara Piñeiro (Natural Sport) subiu ao máis alto do podio tras vencer a tres rivais, incluída na final a Rocío Maseres (Valencia).

Outro ouro foi para Arianna Deibe (Kwon) en -47 kg, logrando catro vitorias consecutivas e superando na final a Edurne Pérez (Andalucía).

A última medalla de ouro galega na categoría feminina conseguiuna Ángela Balado (Mat’s) en +59 kg, tras un impecable torneo no que venceu a Alicia Palomino (Castela a Mancha) na final.

Os bronces galegos na categoría feminina foron para Keila Crujeiras (Malamia) en -59 kg e Sofía Rodríguez (Kwon) en -44 kg.

Galicia tamén arrasa na categoría masculina

O equipo cadete masculino tamén conseguiu a primeira posición por equipos, con dous ouros e tres bronces.

En -49 kg, Nicolás Casas (Mace Sport) proclamouse campión de España, tras gañar catro combates e derrotar na final a Sergio Moral (Cataluña).

O outro ouro masculino foi para Dani Abeijón (Natural Sport) en -53 kg, superando na final a Marc Soldado (Cataluña).

Os bronces galegos en categoría masculina foron para Mateo Calo (Malamia) en -65 kg, Lucas Martín (Tao) en -61 kg e Alejandro Quintela (Número Phi) en -33 kg.

Con estes resultados, Galicia demostra o seu dominio absoluto no taekwondo cadete a nivel nacional, consolidándose como unha das potencias máis fortes do país neste deporte.

⚙ Configurar cookies
0.14096999168396