Galicia brilla no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e Idade Escolar

A selección galega asinou unha excelente actuación en Mérida, cunha prata no relevo mixto absoluto e podios en varias categorías escolares.
Fegatri
8 Jul 2025

Galicia destacou esta fin de semana no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e Idade Escolar, celebrado en Mérida (Estremadura) os días 5 e 6 de xullo. Na clasificación global escolar, Galicia foi terceira, mentres que no campionato absoluto conseguiu a segunda posición.
A xornada do sábado estivo marcada polas semifinais individuais, nas que a maioría das e dos galegos lograron pasar á final. Destacaron Lucía Ageitos (5ª), Carmen Rábade (6ª), e Jarno Pousada (2º na súa semifinal).
O domingo foi o día dos relevos, onde Galicia conseguiu a prata no relevo mixto absoluto grazas a unha táctica arriscada pero efectiva. Tamén acadou podios nos relevos inclusivos e unha valiosa prata na categoría infantil escolar.
Con estes resultados, Galicia pecha unha fin de semana excelente e confirma o seu bo momento no tríatlon estatal.

⚙ Configurar cookies
0.21319484710693