Galicia campiona de España U13 en Luchas Olímpicas

Galicia proclámase campiona de España U13 en Luchas Olímpicas cunha actuación histórica
Luchas Olimpicas
13 May 2025

Galicia vén de acadar un resultado histórico nos Campionatos de España U13 de Luchas Olímpicas, celebrados este sábado 10 de maio no pavillón da Luz de Tres Cantos (Madrid).

  • Selección Galega de Lucha Libre Olímpica masculina: Campioa de España
  • Selección Galega de Lucha Libre Feminina: 3º posto
  • Selección Galega de Loita Grecorromana: 9º posto nacional

Con 3 ouros, 3 pratas e 4 bronces, Galicia sitúase como a mellor comunidade en deporte base, confirmando o gran momento que atravesa a loita galega tras os éxitos nas categorías U17 e U15.

A nova xeración U13 chega con forza e ilusión, elevando unha vez máis o nome de Galicia aos máis alto do podio nacional.

⚙ Configurar cookies
0.10559701919556