Galicia logra o subcampionato de España de hapkido en Sevilla

A selección galega de hapkido conseguiu o segundo posto no Campionato de España celebrado en Sevilla, destacando cun gran número de medallas e confirmando o excelente momento desta disciplina na comunidade
Taekondwo Galicia
10 Nov 2025

A selección galega de hapkido conseguiu este sábado, 8 de novembro, o segundo posto no Campionato de España celebrado en Sevilla.

A cita contou cunha alta participación e categorías con máis de vinte deportistas, o que pon en valor o crecemento desta disciplina en España nos últimos anos e o excelente resultado acadado polo equipo galego.

Medallas galegas

Categoría infantil

  • Prata – Individual: Aitana Míguez (Malamia)
  • Ouro – Parella: Daniela Torrado e Jimena Rodríguez (Malamia)
  • Ouro – Trío: Ariana Fernández, Ángel Vara e Sergio Dacosta (Sam Mu Dojang)

Categoría cadete

  • Prata – Individual: Begoña Pouso (Malamia)
  • Prata – Parella: María Jesús Álvarez e Noa Castro (Sam Mu Dojang)

Categoría júnior

  • Bronce – Parella: Jimena Babarro e B. Noelia Pérez (Sam Mu Dojang)
  • Bronce – Trío: Olalla Vázquez, Vera Vázquez e Maia Bóveda (Sam Mu Dojang)

Categoría sénior 1

  • Prata – Individual: Luis Silva (Malamia)

Categoría sénior 2

  • Ouro – Individual: Daniel Torrado (Malamia)

Categoría máster 1

  • Prata – Individual, cintos negros: Cástor Sánchez (KYO)

Categoría grupo

  • Prata – Jimena Babarro, B. Noelia Pérez, María Jesús Álvarez, Noa Castro, Maia Bóveda, Vera Vázquez, Olalla Vázquez e Elena Mosquera (Sam Mu Dojang)

Ademais, fóra da selección galega, a escola KYO do Carballiño participou como club, acadando tres medallas:

  • Prata – Sénior 2 individual, cinto negro: Adrián Novoa
  • Bronce – Sénior 2 individual: Noelia Blanco
  • Prata – Máster 1: Iván Luis

Estes resultados consolidan o bo momento do hapkido galego e amosan o alto nivel competitivo das e dos deportistas da comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.2391049861908