Galicia mantén a alerta por temporal polo paso da borrasca Claudia, que deixou máis de 200 incidencias

As provincias da Coruña e Pontevedra foron as máis afectadas, con refachos de vento superiores aos 80 km/h e múltiples caídas de árbores e postes
Borrasca-Claudia-Galicia
13 Nov 2025

O pasado 11 de novembro activouse en Galicia a alerta laranxa por temporal a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

A borrasca Claudia, ao seu paso pola comunidade, deixou numerosas incidencias en diferentes puntos do territorio. Segundo os datos do 112 Galicia, rexistráronse 89 chamadas por caída de árbores en estradas e 25 por cables e postes afectados, ademais de 37 intervencións preventivas por risco.

As provincias de Pontevedra e A Coruña foron as máis castigadas pola climatoloxía adversa, debido á súa exposición costeira, con 92 e 54 incidencias respectivamente. Pola súa banda, Lugo notificou 39 e Ourense foi a provincia con menor número de alertas.

Para a xornada de hoxe espéranse chuvas intensas durante todo o día e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) mantén o aviso amarelo na costa de Pontevedra e A Coruña. Desde MeteoGalicia informan de que Galicia continuará cunha alta probabilidade de precipitacións nas próximas horas e días, mentres o vento seguirá soprando do sur con refachos que poderán superar os 80 quilómetros por hora en zonas altas e tamén con intervalos fortes no litoral.

⚙ Configurar cookies
0.2437219619751