Retírase hoxe a alerta sanitaria cos casos á baixa

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
estadistias contaxios
22 Oct 2021

Galicia recuperou hoxe a normalidade co levantamento da alerta sanitaria, de forma súbita horas antes do previsto, na que levaba dende marzo do 2020 debido á pandemia da covid. Esta nova implicará unha volta á relativa normalidade xa que o uso da máscara seguirá sendo obrigado en interiores (en exteriores xa non o é dende hai semanas). Ademais tamén quedarán sen limitar os aforos e os grupos de persoas e os horarios volverán ser, en xeral, como antes da pandemia.

Con este panorama a covid na provincia continúa baixando a súa incidencia malia rexistrar un novo falecemento.

A covid segue en caída con menos casos e novos contaxios. Hoxe hai 30 casos activos, 7 menos que onte, cun rexistro de 2 positivos e 9 altas. Onte a baixada foi de 3 enfermos con 1 novo contaxio e 3 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.979 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga. É un máis que onte xa que faleceu un home de 84 anos ingresado no Hospital da Mariña.

A presión hospitalaria está agora con 3 persoas, ingresadas todas no hospital de Lugo, as tres na UCI. Xa non quedan pacientes no resto de plantas tralo facelemento rexistrado en Burela.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos aínda con algún caso volven descender e xa son só oito. Na Mariña quedan Burela e Xove; no centro da provincia Lugo, A Fonsagrada, O Corgo e Becerreá e no sur Monforte e O Saviñao.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Xove, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Foz. Únese Alfoz.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Trabada, Lourenzá, Barreiros, Viveiro, Cervo, O Vicedo e Ribadeo.

Terra Chá

  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba, Xermade, Meira e Castro de Rei. Únese Cospeito.

Comarca de Sarria

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Sarria.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, O Incio e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo segue por debaixo de 10 casos.
  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • O Corgo, por debaixo de 10.
  • Becerreá volve ter casos.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín, Ribeira de Piquín e Castroverde. Únese Guntín.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • O Saviñao volve ter algún caso.
  • Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.
0.13441300392151