Hoxe terá lugar un novo cambio de hora
Na madrugada do domingo 25 de outubre rematará o horario de verán para dar comezo así ao horario de inverno.
Así, terase que retrasar o reloxo e ás 3 da mañá serán ás 2, polo que esa noite gañarase unha hora máis de sono.
De esta forma, o cambio no último domingo de outubro ten como obxetivo acadar un aforro enerxético e aproveitar as horas de luz natural.
Os cambios de hora prodúcense dúas veces ao ano, unha en marzo e outra agora, en outubro.
Desde fai varios anos hai un debate na Unión Europea sobre si a medida é realmente útil. O ano pasado chegouse a falar que sería o último con este cambio, pero nada máis lonxe da realidade. Malia iso, o Parlamento Europeo segue sendo partidario de acabar con esta variación no ano 2021. A UE reclamou que os países comuniquen o uso horario que desexan antes do próximo mes de abril.